O telexornal do mediodía do 23 de abril recolleu, como todos os medios galegos, a demisión da concelleira do PP en Pontevedra, María Biempica.
O telexornal do mediodía do 23 de abril recolleu, como todos os medios galegos, a demisión da concelleira do PP en Pontevedra, María Biempica.
Venres, 28 de marzo: A Fiscalía de Pontevedra decide enviar ao xulgado as dilixencias abertas por supostos sobreprezos nos alugueiros duns baixos propiedade do presidente da Deputación, Rafael Louzán, do Partido Popular.
O luns 17 de marzo, a prensa escrita faise eco dunha información protagonizada por Rafael Louzán, presidente do PP e da Deputación Provincial de Pontevedra.
Venres 21 de febreiro. A concelleira do Partido Popular en Calasparra (Murcia), Davinia Saorín, que hai uns días cualificou de “terroristas” ás mulleres que abortan, dimite do seu cargo, xunto co voceiro municipal do PP e o responsable de comunicación.
O mércores 6 de novembro, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán (PP), comparece no Parlamento de Galicia para dar conta do orzamento dese organismo provincial para o ano 2014, que ascende a 146 millóns de euros.
As novas relacionadas coas participacións preferentes non sempre son ben recibidas en TVG. Desde que a dirección de informativos frenou -cando xa estaba elaborada e a piques de emitirse- a primeira noticia que se ía dar sobre este asunto, sucedéronse diferentes formas de censura en torno a este ‘corralito’ que ten atrapados os aforros de milleiros de galegos. Desde versións interesadas ata omisión de protestas e mobilizacións.
Os xulgados da cidade paralizan os desafiuzamentos hipotecarios durante un mes. A decisión, adoptada o 23 de maio, débese á entrada en vigor da nova lei que establece que as cláusulas abusivas poden ser mesmo causa de suspensión do proceso. Na galega non se deu nada.
A web do PP de Pontevedra foi obxecto dunha sabotaxe por parte dun «hacker» baixo a denominación de «Anonymous» #OPDesahucios, segundo informaron os populares. Unha imaxe coa careta do colectivo de ciberactivistas ilustraba dende a unha da tarde a web do partido xunto á fotografía do presidente local do partido e deputado no Congreso, Telmo Martín.
http://www.abc.es/local-galicia/20130514/abci-boikot-201305142153.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/14/galicia/1368557940_271833.html
Na Galega non se ofreceu información sobre esta nova.
Con atraso sobre as outras tres Deputacións galegas, a de Pontevedra seguiu o mandato de transparencia imposto dende Santiago. O 13 de maio publicou o patrimonio dos políticos que se sentan na corporación. Rafael Louzán (PP), o presidente da institución, declara un patrimonio total de 355.948 euros.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/13/galicia/1368448819_614405.html
Na TVG non se fixo referencia a esta nova.
O 29 de abril prodúcese un feito sen precedentes: o Alcalde de Pontevedra convoca para o vindeiro 10 de maio unha gran manifestación para apoiar aos afectados polas Preferentes.
Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) decidíu face-la convocatoria polas reiteradas negativas dos responsables de Economía do goberno español a recibilo para abordar ese problema que afecta a milleiros de familias galegas.
O Partido socio de goberno do BNG en Pontevedra, o PS de G-PSOE, xa anunciou que tamén participará na concentración.
Os informativos da TVG, a pesar da trascendencia da decisión, feita polo Alcalde dunha das grandes cidades de Galicia, non informan absolutamente nada ao respecto…
Debe estar conectado para enviar un comentario.