Nada sobre un posible delito económico de Louzán

O martes 11 de marzo, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán (PP), acode a declarar diante do fiscal de delitos económicos, xunto coa súa muller, en calidade de “investigado” tras unha denuncia sobre tres locais da súa propiedade en Vigo.

O patrimonio de Louzán

 

 

images

Con atraso sobre as outras tres Deputacións galegas, a de Pontevedra seguiu o mandato de transparencia imposto dende Santiago. O 13 de maio publicou o patrimonio dos políticos que se sentan na corporación. Rafael Louzán (PP), o presidente da institución, declara un patrimonio total de 355.948 euros.

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/05/14/louzan-declara-bienes-355948-euros-viviendas-vinedos/809786.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/05/14/louzan-declara-355000-euros-incluyen-dos-casas-dos-coches/0003_201305G14P12991.htm

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2013/05/14/rafael-louzan-declara-viviendas-locales-comerciales-vinedos/721799.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/13/galicia/1368448819_614405.html

Na TVG non se fixo referencia a esta nova.

Os paraísos fiscais do histórico do PP Nené Barral

a13c5f1

 

O xulgado de Cambados levantou o segredo de sumario nas investigacións que se seguen contra José Ramón “Nené” Barral, que fora durante moitos anos alcalde de Ribadumia polo PP (ata 2001 “peso pesado” no Partido e coñecido “mentor” do actual presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán), por supostos delictos de blanqueo de diñeiro e desvío de dous millóns de dólares en paraísos fiscais.

          Nené Barral xa fora detido en 2001 acusado de liderar unha banda internacional de contrabando de tabaco, e que lle custou a alcaldía de Ribadumia cando militaba no PP. Aínda está pendente de celebración o xuizo.
          Os informativos da TVG, sempre tan coidadosos con tódolos escándalos e polémicas que xeran membros ou ex-membros do PP, NON OFRECEN ABSOLUTAMENTE NADA SOBRE O ASUNTO…