O cativeiro tratamento do caso Bárcenas

 

barcenas2

Tres meses despois da saída deste blog, non hai día que non nos sorprendamos con descarados exemplos de manipulación informativa (por aí empezan a chamala corrupción informativa) dos telexornais da televisión pública de Galicia. Imos con dous exemplos dos últimos 4 días.

Domingo, 7 de xullo: El Mundo publica un artigo do seu director no que transcribe as confesións que lle realizou Luis Bárcenas durante un encontro de 4 horas antes do seu ingreso en prisión. Bárcenas fala, entre outras cousas, de financiamento ilegal do PP durante, polo menos, os últimos 20 anos.

http://www.caffereggio.net/2013/07/07/cuatro-horas-con-barcenas-de-pedro-j-ramirez-en-el-mundo/

A Televisión de Galicia relega esta trascendente información ao minuto 13 do Telexornal Mediodía e despáchaa en 29 segundos.

http://www.crtvg.es/informativos/luis-barcenas-revelalle-a-el-mundo-o-entramado-do-financiamento-do-pp-622405

No Telexornal Serán nin se informa do asunto!!!! Perplexidade na redacción.

A información lévanos de novo a denunciar o cativeiro tratamento informativo que a TVG lle da a todo o escándalo derivado da actuación do ex-tesoureiro do Partido Popular.

Sen ir máis lonxe, os 29 segundos deste domingo contrastan, por exemplo, cos minutos adicados esta semana á exclusiva do ABC sobre a compra do vicepresidente da Xunta de Andalucía, hai 18 anos, dun piso do que fora desafiuzado o inquilino anterior:

Telexornal Mediodía do xoves, 4 de xullo: 50 segundos

http://www.crtvg.es/informativos/abc-asegura-que-diego-valderas-mercou-a-baixo-prezo-a-casa-dun-desafiuzado-620518

Telexornal Serán do xoves, 4 de xullo: outros 50 segundos (repítese a información)

http://www.crtvg.es/informativos/abc-asegura-que-diego-valderas-mercou-a-baixo-prezo-a-casa-dun-desafiuzado-620887

Telexornal Mediodía do venres, 5 de xullo: 1’20”

http://www.crtvg.es/informativos/diego-valderas-cualifica-de-mentiras-as-informacions-aparecidas-no-xornal-abc-621206

Telexornal Serán do venres, 5 de xullo: 55″

http://www.crtvg.es/informativos/valderas-defende-a-compra-da-sua-vivenda-e-di-que-levaba-tres-anos-deshabitada-621742

Sumados os tempos nos dous principais informativos:

Bárcenas e El Mundo (noticia de alcance nacional): 29″

Valderas e ABC (unha noticia totalmente allea á realidade galega): 3’55”

En definitiva, un uso de novo partidista e gubernamental da televisión pública de todos os galegos que non cansaremos de denunciar nesta bitácora. E xa van tres meses de denuncias diarias!!!

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s