O venres 22 de novembro, prodúcense incidentes e altercados durante o pleno da Deputación de A Coruña, cando desde as bancadas do público, o alcalde de Oleiros, Angel García Seoane (pertencente ao grupo Alternativa dos veciños) increpa ao presidente Diego Calvo.
García Seoane repróchalle a Calvo que reparta os fondos da Deputación dun xeito irregular e partidista, privando ao seu concello e a outros de máis axudas.

A tensión foi medrando por momentos, e mesmo o alcalde de Outes, Carlos Crespo (PP), desde o seu asento como deputado, insultou e berroulle a García Seoane. Este, xunto con outras oito ou dez persoas, comezaron a berrar “mans arriba, esto é un atraco”, ata que foron expulsados do pleno.
Así recolleron a noticia varios xornais:
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2013/11/22/alcalde-oleiros-irrumpe-pleno-diputacion/785835.htmlhttp://www.elidealgallego.com/articulo/area-metropolitana/diputacion-condena-actitud-antidemocratica-alcalde-oleiros/20131122205229159816.html
Ningún Telexornal da TVG ofrece información algunha sobre o ocorrido na Deputación coruñesa. Unha nova burla ao servizo público que se lle debe á cidadanía.