A policía recoñece erros nos incidentes de Vigo e non se da nada

Manifestación Lomce en Vigo

        O venres 22, a Confederación Española da Policía (CEP) culpa a un mando policial pola súa deficiente xestión durante os incidentes do mércores en Vigo, con motivo da protesta estudantil contra a LOMCE, nos que resultaron feridos varios manifestantes e axentes antidisturbios, e mesmo houbo detidos.

        O comunicado do comité galego da CEP di que “os policías víronse abocados a cumprir unhas ordes incoherentes e imprecisas, cando non inexistentes, que emanaban dun responsable do dispositivo que, chegado o momento dos disturbios, eludíu toda responsabilidade, abandonando aos seus homes á súa sorte”.

        Os axentes acusan a este responsable policial de ter incurrido “nun acto de completa ineptitude”. A CEP informa tamén de que lle remitíu á Xefatura Superior de Policía de Galicia un escrito no que piden explicacións sobre o sucedido o mércores.

http://www.europapress.es/galicia/noticia-cep-culpa-mando-policial-heridas-ocasionadas-cinco-antidisturbios-protesta-anti-lomce-vigo-20131122114511.html

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/11/22/cep-culpa-mando-policial-heridas/919295.html

http://noticias.lainformacion.com/policia-y-justicia/policia/cep-culpa-a-un-mando-policial-de-las-heridas-ocasionadas-a-cinco-antidisturbios-durante-la-protesta-anti-lomce-en-vigo_Z1KdPZdMmdwVj26hNzqrd6/

A TVG non da ningunha información sobre o asunto. Porqué tanto recato á hora de falar e/ou mesmo emitir críticas referidas á policía, igual que sucedeu precisamente o mércores coas duras cargas realizadas contra os estudantes en Vigo ???

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s