Sábado 23 de novembro. Coñécese a noticia de que a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González (PP), é imputada nunha investigación urbanística no seu concello, que leva a cabo o xulgado de Cambados.
A policía xudicial da Garda civil acudíu o xoves á xerencia de Urbanismo de Sanxenxo e alí entregou tamén citacións a varios técnicos municipais.
Así destacan a noticia varios medios de comunicación:
E, en contraste, así ofrece a noticia o Telexornal mediodía deste sábado na TVG:
http://www.crtvg.es/informativos/imputada-a-alcaldesa-de-sanxenxo-e-tecnicos-de-urbanismo-704001
Unha auténtica vergoña. Non se dan nin dez segundos de imaxes sobre a información, non se cita nin sequera o nome de Catalina González, e tampouco se di que é do Partido Popular… e non se comenta que o propio vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, pide rapidez no proceso xudicial:
No Telexornal serán xa non se da absolutamente nada.
Un detalle curioso. Catalina González fíxose “célebre” hai case ano e medio, cando indignou a todo o mundo dicindo que co seu soldo de 2.700 euros ao mes non podía pagar unha hipoteca…
http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/181117.html?lang=es