2 de outubro. Despois da polémica xurdida en Corcoesto, Cabana de Bergantiños, o proxecto da mina de ouro paralizouse. Pero vemos que o tema non queda esquecido.
A empresa que pensa implantar a mina en Galicia pagou unha viaxe aos xornalista para que fosen a Finlandia onde hai unha explotación semellante a que queren facer no país.
A TVG foi aló e emitíu a seguinte reportaxe:
http://www.crtvg.es/informativos/visita-a-mina-de-ouro-mais-grande-de-europa-671924
Nela só se dan datos positivos da producción, a importancia na economía da zona, que fixo que a poboación na Laponia aumentara e que o paro diminuira ou que o turismo natural poden convivir perfectamente coa mina , porque “o xacemento non xera impacto na contorna”.
Digamos que é unha reportaxe a prol dos intereses da empresa canadense Edgewater.
Non hai nin unha referencia a ningún estudo de impacto ambiental, nin unha entrevista a grupos ecoloxístas fineses, nin unha voz que cuestione o traballo da empresa.
Nin tampouco se da voz aos afectados de aquí.
Menos mal que desta volta só emitiron a reportaxe no matinal Bos Días, un dos espazos informativos con menos audiencia da Galega.
Lembremos que a mina en Cabana de Bergantiños xera unha gran polémica que xa foi tratada neste mesmo blog.
https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/05/22/salvemos-galicia-na-tvg-non/
https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/05/29/a-lei-do-silencio-para-a-mineria/
https://eunonmanipulo.wordpress.com/tag/cabana-de-bergantinos/