28 de outubro. José Manuel Freire Couto, alcalde do PP en Barbadás, declara ante a xuíza titular do Xulgado de Instrución número tres de Ourense, que leva a investigación dunha denuncia presentada polo PSOE local, que acusa ao rexedor de varios casos de corrupción urbanística.
Arquivo por días: Outubro 29, 2013
Para Cospedal os familiares da vítimas do terrorismo que critican ao PP “son ignorantes”
28 de outubro. Na habitual rolda de prensa dos luns a secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, asegurou que o Partido Popular estivo este domingo coas vítimas do terrorismo como estivo “sempre” e por iso cualificou de “inxusto” e dunha “grande ignorancia” o apupo que recibiron membros da súa formación na concentración convocada pola AVT en protesta polo fallo do tribunal de Estrasburgo sobre a ‘doutrina Parot’.
http://www.elmundo.es/espana/2013/10/28/526e5b2568434196558b457a.html
http://politica.elpais.com/politica/2013/10/28/actualidad/1382960464_156567.html
http://www.eldiario.es/politica/Cospedal-ignorancia-insultaron-PP-AVT_0_190731345.html
http://www.publico.es/478005/cospedal-las-victimas-siempre-tienen-razon
A estas declaracións a Galega non fixo referencia.
Alcaldes do PP zarandean o coche da presidenta de Andalucía
O sábado 26 de outubro tivo lugar en Málaga un dos episodios máis vergoñentos e esperpénticos dos últimos tempos na política española: A presidenta da Junta de Andalucía, a socialista Susana Díaz, sufríu o acoso de numerosos dirixentes do PP cando se dirixía cara ao museo Picasso a un acto conmemorativo.
Debe estar conectado para enviar un comentario.