Martes 1 de outubro. A voceira do PSOE no concello madrileño de Quijorna presenta unha denuncia na garda civil, contra o goberno do PP nese concello, por apoiar e ceder o colexio público para unha exposición con fotos e símbolos de exaltación fascista.
Na citada exposición mostráronse esvásticas e bandeiras españolas inconstitucionais, e mesmo se venderon obxetos con eses mesmos símbolos
A noticia cobra protagonismo rapidamente nos medios de comunicación, mesmo en televisión española (TVE)…
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/10/01/madrid/1380586475.html
Pero para a TVG, que tampouco destacou recentemente os actos vandálicos e manifestacións fascistas de membros de novas xeracións do PP, a noticia non ten importancia. Non informan sobre o asunto e xa está.