O domingo 29 de setembro, prodúcese en Palma de Mallorca a que xa se considera como a maior manifestación cidadá da historia nas illas Baleares.
O domingo 29 de setembro, prodúcese en Palma de Mallorca a que xa se considera como a maior manifestación cidadá da historia nas illas Baleares.
Domingo, 29 de setembro: o principal partido da oposición elixe líder. Xosé Ramón Gómez Besteiro é o novo secretario xeral do PSdeG e principal protagonista, polo tanto, dunha das máis importantes novas políticas do ano.
O día 26 de setembro o Ministerio de Facenda anuncia que os salarios dos funcionarios non se van recortar, pero sí conxelar un ano máis, e que as pagas extraordinarias se van manter. TVG fixose eco da nova:
http://www.crtvg.es/informativos/o-goberno-conxelara-o-salario-dos-funcionarios-en-2014-669313 Seguir lendo
O venres 27 de setembro coñécese unha noticia de enorme relevancia dentro da igrexa católica: o Papa Francisco destitúe a un bispo peruano -seica pertencente ao Opus Dei- acusado de pederastia.
A sanción aplicada a Gabino Miranda, bispo auxiliar de Ayacucho, é a máis rigorosa das penas para un crego: a perda total desa condición
A información ten unha rápida e extensa repercusión nos medios de comunicación de todo o mundo, polo feito en si e porque o Papa Francisco volve dar un exemplo de rectitude dentro da propia igrexa, tal e como fixo hai uns días cando declarou que él nunca foi de dereitas.
http://www.clarin.com/mundo/Francisco-destitucion-peruano-acusaciones-pedofilia_0_1000700269.html
A pesar da importancia da noticia, os responsables de informativos da TVG volven de novo ás andadas: NON DAN NIN UN SEGUNDO SOBRE O ASUNTO.
O xoves 26 de setembro, traballadores de Navantia e algúns afectados polas preferentes acceden ao concello de Ferrol e provocan a suspensión do pleno que se ía desenvolver minutos despois.
Aínda non fixemos o medio ano de vida (aínda que pareza mentira a semana que ven chegaremos ó noso sexto mes) e xa superamos as 65.000 visitas ao blog eunonmanipulo.wordpress.com
Os informativos da Televisión de Galicia silencian sistemáticamente a folga do ensino que desde hai semana e media mantén bloqueado o comezo do curso en Baleares.
Martes, 24 de setembro: o alcalde de Vigo anuncia a conxelación dos impostos municipais para 2014.
O martes 24, o grupo do PP na Deputación de Lugo rexeitou a destitución do alcalde de Baralla e deputado provincial, Manuel González Capón, que nun pleno do seu concello xustificou a represión franquista, co argumento de que o rexedor “arrepentíuse” das súas verbas.
Debe estar conectado para enviar un comentario.