O mércores 2 de outubro prodúcense dúas novas nos xulgados de gran relevancia social e política con protagonismo para representantes do PP.
A máis relevante é A SENTENZA A 2 ANOS DE CÁRCERE E PAGO DE 580.000 EUROS PARA O QUE FOI ALCALDE DO PP EN SANTIAGO, GERARDO CONDE ROA, por un delicto de fraude fiscal.
Practicamente todos os medios españois destacan a noticia:
http://www.abc.es/local-galicia/20131002/abci-conde-condenado-anos-prision-201310020032.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/10/01/galicia/1380662558_460965.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/10/01/espana/1380664213.html
http://www.farodevigo.es/galicia/2013/10/02/condenan-conde-roa-anos-prision/888346.html
Pero os telexornais da TVG silencian por completo a información nos seus titulares (as novas máis salientables); no TX mediodía:
http://www.crtvg.es/informativos/titulares-14-25-672378
E despois no TX serán:
http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-20-30h-672535
E dentro dos telexornais, a noticia é de a penas uns 20 segundos, co informativo moi avanzado:
Menos mal que -ao contrario ca outras veces- se di que Conde Roa era alcalde do PP…
Algo semellante ocorre co tratamento informativo dado ao comezo do xuizo contra Carlos Fabra, o que foi presidente da deputación de Castellón e presidente do PP naquela provincia. Para Fabra solicítase unha pena de 13 anos de cárcere e case dous millóns de multa por cohecho, tráfico de influencias e fraude fiscal.
Cando toda a prensa española destaca o inicio dun dos xuizos por corrupción máis agardados, os telexornais da TVG ventilan o asunto en só uns segundos, tanto no Tx1 coma no Tx2:
http://www.crtvg.es/informativos/carlos-fabra-enfrontase-a-13-anos-de-carcere-672364
http://www.crtvg.es/informativos/carlos-fabra-enfrontase-a-13-anos-de-carcere-672492
Foi o penoso tratamento informativo a dúas das novas políticas máis salientables nos últimos tempos.