Salvemos Galicia… na TVG non

1369158845461salvemos-galiciadnUn novo apoio a campaña de recollida de sinaturas dos colectivos ecoloxistas en contra das explotacións mineiras que teñen previsto comezar a súa actividade en Galicia.

Na plataforma Change.org xa teñen máis de 53.000 sinaturas e agora contan cun video que está colgado en youtube na que saen varios persoeiros amosando o seu apoio a esta iniciativa.

http://www.change.org/es/peticiones/que-no-arrasen-galicia-paremos-la-megaminer%C3%ADa-contaminante

Os colectivos que se opoñen afirman que “a Xunta dará o visto e prace a explotacións sen avaliar con rigor os seus efectos sociais, ambientais, económicos e para a saúde humana”.

Os actores Luis Zahera, Carlos Blanco, Javier Veiga, o xornalista Gonzo, o escritor Suso de Toro, o adestrador do Deportivo Fernando Vázquez son algúns deles.

A Galega non se fixo eco desta iniciativa. Outros medios si.

http://www.europapress.es/galicia/noticia-personalidades-cultura-periodismo-deporte-unen-video-contra-mineria-contaminante-galicia-20130521121833.html

http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/personalidades-cultura-periodismo-deporte-unen-un-video-mineria-contaminante-galicia/idEdicion-2013-05-21/idNoticia-807644/

http://www.publico.es/455776/fernando-vazquez-suso-de-toro-luis-zahera-y-gonzo-contra-la-mineria-contaminante-en-galicia

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/20/galicia/1369078482_891478.html

O día 16 de maio convocouse unha manifestación para o 2 de xuño que tampouco tivo referencia algunha na canle pública galega.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s