Mércores, 19 de xuño. Faro de Vigo publica que a empresa auditora KPMG propuxo que Caixanova absorbera Caixa Galicia, cun 165% máis de perdas pola súa exposición ó ladrillo.
A TVG non emite ningunha referencia a esta exclusiva de Faro de Vigo, nin sequera as declaracións que ao respecto fixeron ó longo do día o alcalde de Vigo e o presidente da Xunta.
Abel Caballero acusou a Feijóo de “mentir” co informe da fusión, como si recollen algúns medios:
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=952418
http://www.20minutos.es/noticia/1848783/0/
Pola súa parte, Alberto Núñez Feijóo defendeu que era imposible que as caixas seguisen soas e que os informes avalaron a fusión.
http://www.farodevigo.es/galicia/2013/06/19/feijoo-dice-imposible-cajas-siguiesen-solas/831801.html
A noticia e posteriores reaccións pasaron desapercibidas nos telexornais.