A confusión … interesada ?? cos contratos de Pemex

             O mércores 20 de novembro, no Telexornal mediodía xógase cunha especie de “cerimonia da confusión” interesada sobre os posibles contratos da compañía mexicana Pemex para construir floteis en Galicia.

         

              Pola mañá, o Ministro de Industria, José Manuel Soria, di que Pemex só construirá un deses floteis:

 
 
 
 
 
              Pero pouco despois, unha vez difundidas as declaracións do Ministro, fontes do Ministerio e da Xunta sinalaron que Soria “COMETEU UN ERRO” e que Pemex seica mantén o encargo dos dous floteis a asteleiros galegos:
 
 

                  O Telexornal mediodía, en lugar de falar dese suposto “erro” de Soria e da contundente rectificación da Xunta ao Ministro (e o conseguinte “desencontro”), di na presentación da noticia (moi breve, por certo) que – simplemente – “houbo confusión esta mañá…” (sic):

 

                  Penoso tratamento informativo da noticia. E dicimos o do “suposto erro” de Soria porque hai só uns días, declaraba na prensa que Pemex mantiña o compromiso de construir 2 (DOUS) floteis en Galicia:

http://www.abc.es/local-galicia/20131116/abci-pemex-compromiso-galicia-astilleros-201311162124.html

Deixar un comentario