A TVG non se debe crer a nova imputación de Currás

            Xoves, 21 de novembro. Primeiras declaracións do alcalde de Santiago, Angel Currás, tras a súa nova imputación, desta volta por acosar un cargo policial.

             A Televisión de Galicia, que informara brevemente da imputación o día anterior, non ofreceu nin as palabras do alcalde, nin as dos voceiros da oposición en ningún dos Telexornais do xoves. Só o fixo o informativo local de Santiago das 20’20 h. da tarde.

 http://www.europapress.es/galicia/noticia-curras-tranquilo-imputacion-estimar-jueza-valor-probatorio-grabaciones-caso-policia-local-20131121153212.html

           Tamén o presidente da Xunta falou na súa comparecencia habitual dos xoves da situación xudicial dos concelleiros do seu partido na capital de Galicia. Unha vez máis, a TVG decidiu obviar estas declaracións de Núñez Feijóo.

http://www.europapress.es/nacional/noticia-feijoo-respeta-alcalde-santiago-vuelva-ser-imputado-20131121145556.html

          O cativeiro tratamento informativo da nova imputación do alcalde de Santiago contrasta co alarde realizado con motivo das denuncias do ex alcalde de Vigo, Carlos Príncipe, sobre supostos casos de nepotismo no concello vigués, e o que se realizou coa denuncia contra a deputada socialista Beatriz Sestayo.

             Fagamos un pouco de memoria. Centrémonos nas denuncias de Carlos Príncipe.

             A denuncia de Príncipe saltou o día 12. Os telexornais fixéronse eco da mesma:

http://www.crtvg.es/informativos/carlos-principe-fai-publica-unha-lista-de-supostos-enchufados-do-psoe-vigues-697694

            O 13 de novembro, os telexornais recollen unhas declaracións de Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG, sobre as acusacións do ex alcalde socialista.

http://www.crtvg.es/informativos/xose-ramon-gomez-besteiro-di-que-as-denuncias-de-principe-son-pouco-relevantes-698334

           Ese mesmo día recolléronse as impresións do actual alcalde de Vigo e de dous membros da oposición municipal (PP e BNG):

http://www.crtvg.es/informativos/continuan-as-reaccions-as-denuncias-de-enchufismo-do-ex-alcalde-socialista-carlos-principe-na-alcaldia-viguesa-698335

            O 18 de novembro, a TVG informa sobre a solicitude de investigación do sector crítico do PSdeG vigués:

http://www.crtvg.es/informativos/criticos-do-psdeg-piden-que-se-investigue-o-suposto-enchufismo-no-concello-701007

           Como se observa a diferencia entre o tratamento dunha e doutra nova é significativa. E xa non digamos no caso da deputada Sestayo. A razón está sen dúbida no carnet de afiliado de cada un dos protagonistas.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s