Xa temos comentado que, desde que foi elexido secretario xeral do PS de G-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro “caeu en desgraza” na TVG.
Case nin se menciona o seu nome, e se se fai é para facelo branco dalgunha crítica.
Este mércores 24 de outubro hai dúas probas concluíntes. No Telexornal mediodía, na noticia de que “os líderes de BNG e do PS de G participan na manifestación de Santiago” (na presentación “resáltase” que non estiveron os voceiros de AGE, Beiras e Yolanda Díaz…), ofrécense declaracións de Vence (BNG) e do propio Besteiro… pero deste danse EXACTAMENTE 9 SEGUNDOS !!!!!:
Pero o “máis difícil aínda” ocorre pola tarde, no Telexornal serán. Dase unha noticia de máis de minuto e medio (das máis longas dun informativo) para dicir que “retiran do museo provincial de Lugo algunhas das pezas máis emblemáticas”.
Refírese a que os familiares de Álvaro Gil, un lugués -xa falecido- que donou pezas ao museo, retiráronas por falta de acordo coa institución.
Na TVG dase como unha noticia de GRAN ALCANCE, e inclúense declaracións da voceira do PP na Deputación… PARA QUE BESTEIRO COMPAREZA DIANTE DOS LUGUESES E DOS GALEGOS PARA EXPLICAR QUE NEGOCIACIÓNS FIXO NO ASUNTO !!!!!:
Tamén se di na noticia que “O PP amosou a súa preocupación pola repercusión que poida ter a saida destas obras de arte pro volume de visitantes do Museo Provincial” (sic).
Pero o martes 23, o xornal “La voz de Galicia” publicaba unha reportaxe na que nin sequera os veciños disa zona de Lugo coñecen a Álvaro Gil…
O dito no titular: o que lle agarda a Besteiro…