Pobre Besteiro… o que lle agarda na TVG !!!

 1355602751_074711_1355741008_noticia_normal

Xa temos comentado que, desde que foi elexido secretario xeral do PS de G-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro “caeu en desgraza” na TVG.

 

Seguir lendo

Besteiro perde por goleada ante Feijóo nos Telexornais

gomez_besteiro_atrilpsoe

Domingo, 29 de setembro: o principal partido da oposición elixe líder. Xosé Ramón Gómez Besteiro é o novo secretario xeral do PSdeG e principal protagonista, polo tanto, dunha das máis importantes novas políticas do ano.

Seguir lendo

Contra Besteiro o día que presenta programa

 

besteiro.jpeg

11 de xullo. O PP de Lugo pide expliacións ao exconcelleiro de Urbanismo e actual presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, ao coñecer que o promotor da urbanización do Garañón acode á vía xudicial para reclamar 25 millóns ao Concello e que o Xulgado de Instrución número 2 acordou manter as medidas preventivas, entre elas a paralización das obras, que pesan sobre o devandito desenvolvemento urbanístico.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2013/07/12/pp-intenta-convertir-garanon-bumeran-contra-besteiro/0003_201307L12C3993.htm

A Galega trata así o tema:

http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-responsabiliza-a-besteiro-dunha-posible-indemnizacion-millonaria-ao-dono-do-edificio-do-garanon-625007

Unha información que foi directa e deliberadamente MANIPULADA DENDE A DIRECCIÓN DE INFORMATIVOs DA TVG na súa redacción.

Este era o texto inicial:

O voceiro do Grupo municipal do PP en Lugo, Xaime Castiñeira, responsabilizou o actual presidente da Deputación Provincial do pagamento por parte do Concello lugués dunha posible indemnización de vinte e seis millóns de euros á promotora das obras do edificio das costas do parque, paralizadas por orde xudicial.

Castiñeira recordou que o socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro era o concelleiro de urbanismo cando se tramitou a construción do edificio do Garañón.

Agora, o dono do edificio denunciou o Concello polos prexuízos económicos que lle causou a paralización dunha obra na que investira uns vinte e cinco millóns oitocentos mil euros.

Así quedou a redacción final:

O voceiro do Grupo municipal do PP en Lugo, Xaime Castiñeira, responsabilizou hoxe o actual presidente da Deputación Provincial do pagamento por parte do Concello lugués dunha posible indemnización de vinte e seis millóns de euros á promotora do edificio coñecido como O Garañon , paralizadas por orde xudicial.

Castiñeira lembrou que o socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro era o concelleiro de urbanismo cando se tramitou a construción do edificio do Garañón.

Estas declaracions do voceiro popular se pruducen despois de coñecerse un auto da xuiza Pilar de Lara no que considera que hai indicios de delicto na concesion da licencia do edificio e aprecia unha posible connivencia entre os representantes municipales e a promotora da obra.

Dase a “casualidade” de que ese mesmo día o actual presidente  da Deputación presentou ante a agrupación de Lugo o programa co que pretende ser candidato para liderar o PSdeG, do que por suposto non se menciona nada.

http://elprogreso.galiciae.com/nova/263737-besteiro-propugna-programa-electoral-vinculante-plazos

http://www.20minutos.es/noticia/1868984/0/

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/11/galicia/1373545558_490469.html