O Telexornal Serán, principalmente, acostuma “compensar” as novas do caso Bárcenas con noticias sobre casos de corrupción que afectan a outros partidos, especialmente o PSOE. Ollo!, non as inventa, só faltaría, pero si que é raro que non aplique o famoso “e ti máis” tan común na estratexia dos principais partidos políticos españois.
Onte, no seu peculiar percorrido polo mapa da corrupción, informa sobre o anuncio de comparecencia do presidente do Goberno e da conta atrás para o embargo a Bárcenas se non paga a fianza.
A continuación, informa sobre o Caso ERE e o Caso Marea (que afectan de cheo ó PSOE en Andalucía e Asturias), pero esquece a información sobre a única demisión e imputación do día, a dunha deputada valenciá, ex-consellera de Camps. A nova recóllese en todos os medios. Por se é importante o dato, a política da que se esquece o Telexornal Serán é do PP. Outra coincidencia?
http://www.abc.es/local-comunidad-valenciana/20130722/abci-alicia-miguel-201307221223.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/07/22/valencia/1374505527.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/22/valencia/1374489619_463140.html