Domingo 21 de xullo. Os xornais “La voz de Galicia” e “El correo gallego” publican senllos informes dramáticos e demoledores sobre a crise en Galicia.
No primeiro deles, destácase que “MILLEIROS DE FOGARES TEÑEN QUE PEDIR AUXILIO A FAMILIARES E AMIGOS”:
Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), o 9,86 % dos fogares galegos admiten recibir axuda económica de familiares y amigos. SON CASE 100.000 FOGARES NA NOSA COMUNIDADE.
Pola súa banda, “El correo gallego” alude a que moitos milleiros de familias de Galicia NECESITAN EMPEÑAR XOIAS PARA IR TIRANDO DIARIAMENTE E MESMO PARA PAGAR HIPOTECAS DE FILLOS/AS QUE ESTÁN NO PARO:
NINGÚN DOS TELEXORNAIS DO DOMINGO (MEDIODÍA E SERÁN) FALAN DESTAS INFORMACIÓNS, A PESAR DA SÚA IMPORTANCIA E INTERESE, sobre todo tratándose dunha circunstancia tan grave e triste para centos de milleiros de persoas.
É unha cuestión de sensibilidade informativa… e seguramente tamén da falla de escrúpulos e dignidade para NON OFRECER UNHA IMAXE POBRE, DEPRIMENTE E MISERÁBEL da Galicia actual (a que existe realmente).