
Durante os meses de abril e maio, a TVG tratou aceptablemente o caso do alcalde do Porriño, Nelson Santos, do PP, imputado por malversación, prevaricación, tráfico de influencias e vulneración do dereito dos traballadores.
Os telexornais viñeron ofrecendo con regularidade as informacións sobre Santos, os cargos aos que se enfronta, e as súas reaccións.
Velaiquí algunhas das noticias emitidas recentemente:
O 16-4, no Telexornal mediodía:
O 24-4, no Telexornal mediodía:
http://www.crtvg.es/informativos/o-alcalde-do-porrino-non-dimitira-e-defende-a-sua-inocencia-801538
O 30-4, no Telexornal serán:
O 16-5 no Telexornal mediodía:
E o mesmo 16-5 no Telexornal serán:
http://www.crtvg.es/informativos/o-alcalde-do-porrino-declara-como-imputado-por-supostos-delitos-de-contratacion-irregular-816577
Por iso resulta sorprendente que os Telexornais do luns 19 de maio non ofrezan absolutamente nada sobre unha noticia que publica “El país”, e que resulta moi clarificadora sobre a trama no Porriño.
Nela destácase que un concelleiro do mesmo PP, cabreado co alcalde, foi o que denunciou as irregularidades cometidas por Santos.
Ese concelleiro, Manuel Carrera, recoñeceu que Nelson Santos incumpríu o pacto de colocalo nos primeiros postos da lista das municipais en 2011 e de situalo na Deputación de Pontevedra.
Así reflicte o xornal “El país” os feitos pormenorizados:
Danse as informacións sobre a imputación do alcalde do Porriño do PP, declaracións del defendéndose… e cando se descubre a “trama” que o deixa en evidencia, non se da nada de nada.
A xa clásica aversión dos informativos da TVG a aludir a xornais cando dan malas novas para o PP…