E a imputación da alcaldesa de Alacante do PP ??

       O mércores 17 de setembro coñécese a imputación polos presuntos delitos de prevaricación e tráfico de influencias da alcaldesa de Alacante, Sonia Castedo – orixinaria de Ribadeo -, do Partido Popular.

        O xuiz chama a declarar a Castedo para clarexar se tentou beneficiar ao constructor Enrique Ortiz, co que mantén unha estreita relación. A alcaldesa alacantina deberá acudir ao xulgado o vindeiro 27 de novembro.

Seguir lendo

E a trama do alcalde do PP no Porriño ??

          Durante os meses de abril e maio, a TVG tratou aceptablemente o caso do alcalde do Porriño, Nelson Santos, do PP, imputado por malversación, prevaricación, tráfico de influencias e vulneración do dereito dos traballadores.
          Os telexornais viñeron ofrecendo con regularidade as informacións sobre Santos, os cargos aos que se enfronta, e as súas reaccións.

Seguir lendo

Penoso tratamento sobre o xuizo a medio goberno do PP en Santiago

 

                 O mércores 7 de maio, a Audiencia provincial da Coruña rexeita o recurso presentado polos sete concelleiros do PP de Santiago contra o seu procesamento por prevaricación, acusados de aprobar o pagamento dos gastos da defensa do seu compañeiro de partido e edil de deportes, Adrián Varela, imputado na operación Pokémon.

                Dese xeito confírmase que sentarán no banco, no xuizo previsto para o vindeiro 19 de maio, seis días antes das eleccións europeas. Enfróntanse a posibles penas de nove anos de inhabilitación.

Seguir lendo

Silenciand​o a denuncia da Fiscalía contra o alcalde de Gondomar

Xoves, 13 de febreiro. Coñécese que a Fiscalía denuncia ao alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, do Partido Popular, por un presunto delito de prevaricación administrativa.
O Ministerio público considera que Guitián adxudicou o servizo de conservación de zonas verdes do concello, sen o obrigado concurso público previo, á empresa Jarma S. L., que pertence a un fillo dun vocal da xestora do PP local.

A descarada parcialidade da TVG

Xulgados Betanzos

Nin unha soa mención no telexornal do mediodíado 30 de decembro  á decisión da Fiscalía de acusar á deputada do PP María Faraldo de prevaricación e falsidade documental durante a súa etapa como alcaldesa de Betanzos..

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/12/28/galicia/1388251421_820241.html

A nova, publicada polo xornal El País ocultouse de xeito descarado no informativo, no que non se deixou pasar por alto outra publicada polo xornal El Mundo. Nesta acúsase a UXT-Andalucía de pagar a festa do 1 de Maio con axudas destinadas a parados.

http://www.elmundo.es/andalucia/2013/12/30/52c0b45522601d2a698b4586.html

http://www.crtvg.es/informativos/uxt-a-pagou-gastos-da-festa-do-1-de-maio-con-cargo-a-axudas-para-parados-724205

Outra mostra máis da pouca seriedade e da falta absoluta de rigor informativo.

Minimizando as imputacións dos concelleiros do PP en Santiago

      Pleno extraordinario del Ayuntamiento de Santiago en la que el alcalde Ángel Currás informó sobre los últimos acontecimientos en el equipo de Gobierno y la renuncia a su acta de concejal de Paula PradoPleno extraordinario del Ayuntamiento de Santiago en la que el alcalde Ángel Currás informó sobre los últimos acontecimientos en el equipo de Gobierno y la renuncia a su acta de concejal de Paula Prado

                 O luns 14 de outubro, sete concelleiros do PP de Santiago son imputados por un delito de prevaricación, por aprobar unha resolución para que o concello costease a defensa de Adrián Varela, imputado na “operación Pokémon”.

Seguir lendo