Un premio merecido… para @s traballador@s da TVG

           

            O venres 9 de maio coñécese a noticia de que a TVG ven de gañar o premio Iris da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión, polo programa especial do accidente de Angrois emitido a noite do 24 de xullo de 2013.

            O galardón valora o esforzo realizado pola Televisión de Galicia para relatar a traxedia.

            Os telexornais deste venres emiten unha extensa referencia ao premio outorgado:

http://www.crtvg.es/informativos/a-tvg-premiada-polo-especial-informativo-da-traxedia-de-angrois-811871

            Desde eunonmanipulo congratulámonos deste premio por tod@s @s compañeir@s que aquel día deron un exemplo de profesionalidade e bon facer para informar a Galicia daquela terrible traxedia, como era e é a nosa obriga.

Pero ao mesmo tempo lamentamos – como se fixo neste mesmo blog días despois do sinistro – que a dirección de informativos da TVG non estivo á altura dos traballadores, obrigando a emitir imaxes moi morbosas das vítimas, mesmo en contra do criterio do xornalista encargado da noticia.

Moi ao noso pesar, o artigo que fixemos daquela sobre a emisión de tan duras imaxes segue sendo o máis visto na historia de eunonmanipulo.

Pero quedémonos co bon deste premio Iris á TVG, e a ver se dunha vez por todas este medio ofrece un servizo público de calidade, honesto e digno, sen manipulacións.

Ogallá pensase o mesmo a directora de informativos, que na reportaxe emitida hoxe – ao redor do minuto 3’11” – valora o galardón porque naquela triste xornada esta canle foi un SERVIZO PÚBLICO.

Mágoa que non o sexa todos os días.

Soterrando o asunto do goberno do PP en Santiago

El alcalde de Santiago, Ángel Currás
              Venres 9 de maio. O alcalde de Santiago, Ángel Currás (PP), reafirma diante dos medios de comunicación que mantén a súa confianza en que os sete concelleiros do seu goberno acusados de prevaricación, que serán xulgados este mesmo mes, sexan absoltos.

                   Currás – a pesar de todo – reivindica a xestión municipal, e carga duramente contra a oposición co argumento de que, se se dese a situación á inversa, tamén él faría “críticas” pero “non” da mesma forma.

Seguir lendo