A oposición, outra vez silenciada ante as críticas de Feijóo

feijoo-nacho-martin-3-

 

 

Luns, 16 de xuño: O presidente da Xunta critica que se queira presentar como unha crise do sistema político o que, ao seu zuíxo, é en realdiade unha “crise das formacións políticas de esquerda e das nacionalistas, que se enmascaran presentándoa como un problema xeral”.

Seguir lendo

Agochando a pobreza infantil

comedor
11 de xuño. O PP rexeitou que a Xunta abra os comedores escolares durante os meses de verán para atender, con cargo aos seus fondos, aos nenos con menos recursos e así paliar a pobreza infantil, alegando que esa medida favorecería a súa estigmatización social.

Seguir lendo

A grave crise do PP en Santiago, en 9 segundos !!!

 

                 O sábado 7 de xuño, continúan xerándose informacións sobre a grave crise que vive o goberno local do PP no concello santiagués, e sobre todo constátanse as tremendas diverxencias entre o alcalde, Ángel Currás, e os dirixentes do seu partido, nomeadamente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

                  A opinión xeral é un clamor contra Currás, e tanto desde o PP coma desde outros partidos políticos considérase que o mellor que podería facer é dimitir, algo ao que se nega rotundamente.

Seguir lendo

Por que non se dá a contestación de Orozco a Feijóo?

   .

 

                      O venres 6 de xuño, o alcalde socialista de Lugo, Xosé López Orozco, contesta con dureza ás acusacións verquidas o día anterior polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cando afirmou que está mellor o concello de Santiago (sumido nunha gravísima crise institucional e política polos problemas internos do goberno local do PP) que os de Lugo e Ourense, este último tamén con rexedor socialista.

Seguir lendo

O “mundo feliz” do concello de Santiago

          Xoves, 5 de xuño. O goberno local do concello de Santiago (PP) segue sumido nunha tremenda crise institucional e política, e “baixo mínimos” tras a dimisión nos últimos días de nove edís, sete deles xa condenados pola xustiza por un delito de prevaricación.
         Agora mesmo, repártense tódalas areas de goberno municipal só dúas persoas: o alcalde, Ángel Currás – imputado en dous posibles delitos – e a concelleira Reyes Leis.

Seguir lendo

Unha noticia “normal” sen trascendencia política

https://i0.wp.com/fotos01.farodevigo.es/2014/06/04/646x260/paula-prado-hoy-r.jpg

 

                Mércores 4 de xuño. A voceira do PP de Galicia, número tres na xerarquía do partido e persoa de confianza do presidente Alberto Núñez Feijoo, Paula Prado, dimite do seu cargo orgánico pero non deixa o escano no Parlamento de Galicia.

                A súa presunta relación coa operación Pokemon, cando era concelleira en Santiago, complicáballe o labor de voceira do partido do goberno galego, segundo ela mesma explicou en rolda de prensa.

Seguir lendo

Os dez artigos máis lidos desde o comezo de “eunonmanipulo”

 

            Ao se cumpriren catorce meses da aparición deste blog, onte mércores 4 de xuño, publicamos a relación dos dez artigos máis lidos nos últimos trinta días, e hoxe xoves é o turno para lembrar os dez artigos máis lidos desde o comezo das denuncias de “eunonmanipulo”.

             Tal e como indicamos reiteradamente, o desexo da xente que elabora o blog é conseguir que a TVG sexa un servizo público de verdadeira calidade, e cumpra cos obxectivos – marcados ademáis pola lei – de pluralidade, veracidade e limpeza informativas.

              Velaiquí eses dez artigos, de menos a máis vistos durante catorce meses:

 

10 – (16 de xuño de 2013):  https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/06/16/ninguneando-o-logro-historico-do-dominio-gal/ 594 visitas

9 – (25 de maio de 2013):  https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/05/22/salvemos-galicia-na-tvg-non/ 621 visitas

8 – (16 de marzo de 2014): https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/03/16/lena-ao-bng-cara-as-eleccions-europeas/ 683 visitas

7 – (8 de xuño de 2013): https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/06/08/escandalo-e-vergona-no-tx-seran-con-conde-roa/ 959 visitas

6 – (10 de maio de 2013): https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/05/10/unha-traduccion-perfecta-ao-castelan/ 965 visitas

5 – (12 de agosto de 2013): https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/08/12/duro-comunicado-dos-bombeiros-que-non-se-emite/ 1103 visitas

4 – (14 de xuño de 2013): https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/06/14/en-defensa-da-crtvg-ante-os-ataques-desleais-de-la-voz/ 1339 visitas

3 – (13 de marzo de 2014): https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/03/13/a-manipulacion-dos-disturbios-en-santiago/ 1591 visitas

2 – (11 de febreiro de 2014): https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/02/11/orgullo-e-tristura/ 2352 visitas

1 – (29 de xullo de 2013): https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/07/29/as-imaxes-que-nunca-deberon-emitirse-orde-da-direccion-de-informativos/ 5643 visitas

 

                    Ogallá desaparecese este blog. Sería o mellor sinal de que os informativos da TVG son imparciais e de calidade. Mentres tantro, agradecemos o seguimento.

                     Se queren facernos algún comentario e/ou suxerencia (positivos ou negativos, claro está), poden dirixirse ao seguinte enderezo electrónico: eunonmanipulo@gmail.com

                      E tamén nos poden seguir nas redes sociais Facebook e Twitter.

 

 

E o correctivo do Tribunal Supremo a Gallardón?

 

 

https://i0.wp.com/ep00.epimg.net/politica/imagenes/2013/05/21/actualidad/1369165222_781755_1369167645_noticia_normal.jpg

 

               O martes 3 de xuño coñécese unha información de enorme alcance. O Tribunal Supremo cre que a reforma da Lei orgánica do Poder xudicial, promovida polo Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, pode non ser constitucional, e sinala que condiciona a independencia xudicial.

Seguir lendo