Trece meses de Eunonmanipulo. Os artigos máis lidos

https://eunonmanipulo.files.wordpress.com/2013/04/cropped-sin-tc3adtulo-color-real-018.jpg
                 Acábanse de cumprir trece meses de vida de “eunonmanipulo”, un blog que ten como finalidade conseguir que a TVG sexa un servizo público honesto e de calidade, ofrecendo informacións e noticias veraces de xeito imparcial.

                Xa van publicados preto de 750 artigos denunciando a manipulación informativa, e hai preto de 150.000 visitas.

               Se calquera de vos quere deixar algún comentario e/ou suxerencia, pode facelo no enderezo electrónico: eunonmanipulo@gmail.com.

              Tamén estamos en twitter e en facebook.

              De seguido destacamos os 10 artigos máis lidos de eunonmanipulo.wordpress.com

1) https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/07/29/as-imaxes-que-nunca-deberon-emitirse-orde-da-direccion-de-informativos/ (5597 visitas)

 

2) https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/02/11/orgullo-e-tristura/ (2320 visitas)

 

3) https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/03/13/a-manipulacion-dos-disturbios-en-santiago/ (1566 visitas)

 

4) https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/06/14/en-defensa-da-crtvg-ante-os-ataques-desleais-de-la-voz/ (1323 visitas)

 

5) https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/08/12/duro-comunicado-dos-bombeiros-que-non-se-emite/ (1096 visitas)

 

6) https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/06/08/escandalo-e-vergona-no-tx-seran-con-conde-roa/ (956 visitas)

 

7) https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/05/10/unha-traduccion-perfecta-ao-castelan/ (951 visitas)

 

8) https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/03/16/lena-ao-bng-cara-as-eleccions-europeas/ (670 visitas)

 

9) https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/05/22/salvemos-galicia-na-tvg-non/ (616 visitas)

 

10) https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/06/16/ninguneando-o-logro-historico-do-dominio-gal/ (588 visitas)

Os contrastes informativos cos datos do paro

             O martes 6 de maio, coñécense os datos do paro do pasado mes de abril, que ofrecen un descenso no número de desempregados de algo máis de 111.000 persoas en España, das que 6.300 corresponden a Galicia.

             Son cifras referidas á diferencia co mes de marzo, e hai un detalle moi importante: a influencia positiva da semana santa, que conleva un importante aumento de contratacións sobre todo no sector servizos.

             O Telexornal mediodía da TVG fai case un mini-especial informativo sobre o asunto, con gran realce nos titulares, e con varios videos que resaltan eses datos, aínda que deixando perdido polo medio da noticia o dato da importancia da semana santa.

Seguir lendo

E os insultos do voceiro do goberno coruñés do PP?

Pleno de mayo 2014 en A Coruña
Luns 5 de maio: no concello da Coruña desenvólvese un dos plenos municipais máis broncos e “quentes” nos últimos tempos.
Nun momento da sesión, o primeiro tenente de Alcalde e voceiro do goberno municipal do PP, Julio Flores, contestoulle dun xeito especialmente insultante ao voceiro de Esquerda Unida, César Santiso, chamándolle “vago e inútil”.
Os grupos do PSdeG-PSOE e do BNG rexeitaron as verbas de Flores, que está imputado na operación Pokémon, e solidarizáronse con Santiso.

Seguir lendo

O silencio protector a un cura machista

O luns 5 de maio volve a polémica ao redor das declaracións dun membro do clero. O párroco de Canena (Xaén) afirmou – durante a homilía na misa dominical – que hai trinta anos “ao mellor un home emborrachábase e chegaba á casa e pegáballe á muller, pero non a mataba como hoxe” (sic)
O cura, Pedro Ruiz, argumentou esa afirmación porque “antes había un sentido moral, uns principios cristiáns, e hoxe non o hai”.

Seguir lendo