O xoves 20 de febreiro, a deputada e secretaria xeral do PSOE de Ferrol, Beatriz Sestayo, comparece diante da prensa tras a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de desestimar a denuncia dun vixiante do Parlamento de Galicia por intento de atropelo.
Sestayo pedíulle aos que contribuíron a amplificar a “mentira” sobre o incidente que rectifiquen públicamente, aludindo directamente ao presidente da Xunta, ao conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e á voceira do grupo parlamentario popular, Paula Prado.
A Feijóo lembroulle que ela deu explicacións cando a acusaron, mentres que – resaltou – “seguimos sen coñecer as súas sobre as fotos con Marcial Dorado”, mentres exhibía a xa famosa imaxe de Feijoo con Dorado no iate do narcotraficante.
E a Rueda e a Prado acusounos de estar detrás da “trama” urdida contra ela durante varios meses. Así reflicten a noticia os medios:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/02/20/galicia/1392912634_554708.html
O mesmo xornal “El País” ofrece o xoves na súa web o video gravado polas cámaras de seguridade do Parlamento, onde se apreza que Sestayo en ningún momento tenta atropelar ao garda de seguridade:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/02/20/galicia/1392912634_554708.html
Pero os informativos da TVG deste xoves só ofrecen pouco máis de 20 segundos da intervención de Sestayo, falando unicamente – e dun xeito moi “lioso” – do video que levou ao Tribunal a desestimar a denuncia:
18 de novembro (TX1). Declaracións de Pedro Puy (PP):
19 de novembro, “especial informativo” no programa “Foro aberto” de Carlos Luis Rodríguez: