O venres 14, a deputada autonómica e ex-voceira do PP de Galicia, Paula Prado, acode a declarar diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, imputada por fraude e tráfico de influencias na súa etapa de concelleira en Santiago.
Arquivo por etiquetas: TSXG
Máis silencio sobre os problemas do concello de Santiago
Os telexornais da TVG non ofreceron nin unha mínima información sobre os novos reveses xudiciais que tumban decisións adoptadas polo goberno municipal do PP en Santiago.
O primeiro, amplamente destacado nos medios de comunicación de Galicia, é a anulación por parte do TSXG da política de contratación do anterior alcalde, Xerardo Conde Roa, que permitiu que persoas afíns ao Partido Popular pasaran a formar parte do cadro de persol do consistorio.
A Galega garda silencio polo arquivo da causa contra Sestayo por intento de atropelo
18 de marzo. O Tribunal Superior de Galicia desestimou o recurso do vixilante de seguridade que denunciou á deputada socialista Beatriz Sestayo por intento de atropelo.
Beatriz Sestayo: antes tanto… agora tan pouco
O xoves 20 de febreiro, a deputada e secretaria xeral do PSOE de Ferrol, Beatriz Sestayo, comparece diante da prensa tras a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de desestimar a denuncia dun vixiante do Parlamento de Galicia por intento de atropelo.
Sestayo pedíulle aos que contribuíron a amplificar a “mentira” sobre o incidente que rectifiquen públicamente, aludindo directamente ao presidente da Xunta, ao conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e á voceira do grupo parlamentario popular, Paula Prado.
Debe estar conectado para enviar un comentario.