Evitando as noticias incómodas para o PP co aborto

              Venres 21 de febreiro. A concelleira do Partido Popular en Calasparra (Murcia), Davinia Saorín, que hai uns días cualificou de “terroristas” ás mulleres que abortan, dimite do seu cargo, xunto co voceiro municipal do PP e o responsable de comunicación.

Advertisements

A alarmante evolución do paro non é noticia

emprego ine
           Venres, 21 de febreiro. O Instituto Nacional de Estatística publica que o número medio de parados en Galicia en 2013 ascendeu a 282.600 persoas, case o triplo ca no ano  2007, cando a cifra media foi de 98.700.   Seguir lendo

Beatriz Sestayo: antes tanto… agora tan pouco

       Sestayo muestra una de las polémicas fotos de Feijoo con Marcial Dorado ÁNGEL MANSO

O xoves 20 de febreiro, a deputada e secretaria xeral do PSOE de Ferrol, Beatriz Sestayo, comparece diante da prensa tras a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de desestimar a denuncia dun vixiante do Parlamento de Galicia por intento de atropelo.

Sestayo pedíulle aos que contribuíron a amplificar a “mentira” sobre o incidente que rectifiquen públicamente, aludindo directamente ao presidente da Xunta, ao conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e á voceira do grupo parlamentario popular, Paula Prado.

Seguir lendo