Trama Gürtel, non grazas. Pero un pouquiño de UXT a diario

camps

       5 de xaneiro. Un novo informe da UDEF revela máis  informacións relativas á trama Gürtel. Diferentes medios dan conta de agasallos que, presuntamente, facía a rede corrupta a membros do Partido Popular, para conseguir contratos, segundo a Policía. 

Seguir lendo

Advertisements

Maquillando os datos do paro

parados navl

       O día 4 publicáronse os datos do paro do mes de xaneiro. O número de desempregados aumentou en todo o Estado. En Galicia rexistráronse 10.000 parados máis. Na noticia dos Telexornais , xunto ás cifras, facíase fincapé no único dato “positivo”: foi o mellor mes de xaneiro desde o 2007. Incluían a valoración do Ministerio de Traballo e da Xunta de Galicia. Nin a oposición, nin sindicatos nin empresarios.

Seguir lendo

Os telexornais silencian a Nacións Unidas cando fala de España

 

foxas

O pasado día 3 de febreiro ningún telexornal recolleu as declaracións nas que Pablo de Greiff reclamaba que se xulgaran as desaparicións do franquismo. A TVG silencia a voz pero tamén a visita de dez días a España do relator da ONU para a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición dos delitos de lesa humanidade.

Seguir lendo

Pouco da Pokemon no Telexornal

funcionarios conde roa

        5 de febreiro. Os xornais publican que o sumario da operación Pokemon desvela que o PP de Santiago destituíu funcionarios para colocar outros afines que non puxeran trabas ás súas xestións.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/02/04/galicia/1391547343_777396.html

O Telexornal Mediodía da TVG non da nada. E tampouco informa de que PP e PSOE queren que a Pokemon non chegue ao Parlamento.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/02/05/pp-psdeg-impiden-pokemon-llegue-parlamento/0003_201402G5P5991.htm

Si emite as explicacións do presidente da Deputación da Coruña, do PP, sobre un suposto enchufe.

http://www.crtvg.es/informativos/diego-calvo-aclara-que-se-limitou-a-informar-da-situacion-de-emerxencia-dunha-familia-746494

Tamén sae noutros medios:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/02/05/galicia/1391616557_294842.html

E pouco máis; un video no que lembra que as orixes desta trama de susposta corrupción municipal están en Lugo.

Será que, igual que PP e PSdeG-PSOE, quere que se fale o menos posible deste asunto ?