O xoves 20 de febreiro, a deputada e secretaria xeral do PSOE de Ferrol, Beatriz Sestayo, comparece diante da prensa tras a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de desestimar a denuncia dun vixiante do Parlamento de Galicia por intento de atropelo.
Sestayo pedíulle aos que contribuíron a amplificar a “mentira” sobre o incidente que rectifiquen públicamente, aludindo directamente ao presidente da Xunta, ao conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e á voceira do grupo parlamentario popular, Paula Prado.