Segue o silencio sobre os concellos que asumen o copago

Casa_do_concello_de_San_Sadurniño

 

O concello coruñés de San Sadurniño ven de sumarse a outros municipios galegos para evitar o copago das medicinas hospitalarias. Dese xeito, os veciños con doenzas crónicas ou graves non terán que facer ese gasto.

O alcalde, Secundino García (BNG), anunciou que será o concello o que afronte o pago dos medicamentos afectados polo copago:

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/vecinos-san-sadurnino-non-pagaran-medicacion-polas-doenzas-cronicas/idEdicion-2013-10-19/idNoticia-832898/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/10/20/san-sadurnino-asumira-copago-farmacos-enfermedades-graves/0003_201310G20P12991.htm

San Sadurniño únese deste xeito a outros concellos que decidiron afrontar o copago e evitarlle o gasto aos veciños: Riotorto, Mondoñedo, Ribadeo, A Pobra do Brollón e Monforte (todos gobernados polo BNG); Pol e Pedrafita (gobernados polo PS de G-PSOE) e Vilanova de Arousa (con goberno do PP, o único concello do Partido Popular “insubmiso” polo de agora á norma adoptada pola Xunta.

A TVG, COMO CANDO OS DEMÁIS CONCELLOS ANUNCIARON QUE ASUMIRÁN O COPAGO, NON DA A NOTICIA EN NINGÚN INFORMATIVO DA FIN DE SEMANA.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s