Catro meses de eunonmanipulo

Sin título-Color real-01

 

Hoxe chegamos ao noso cuarto mes de vida con 55.000 visitas ó blog. Grazas a tod@s polo seguimento que facedes día tras día. O voso apoio impídenos

entregarnos ao desfalecemento na loita contra a manipulación informativa. A nosa lealdade ó xornalismo e á nosa empresa e a fe cega nos medios públicos empúrrannos a seguir adiante. Agardemos que cada día sexamos máis.

Desde aquí queremos dirixirnos ós compañeiros e compañeiras para animalos a que dean un paso adiante e colaboren, da forma que desexen, con eunonmanipulo. Son moit@s @s que nos seguen e @s que aplauden a iniciativa. Toda axuda será moi ben recibida. 100 ollos vixían máis que 50.
Lembrade que nos podedes seguir en:
Twitter: @eunonmanipulo
Facebook: Eunonmanipulo
Ademais podédesnos escribir as vosas suxerencias e facer as vosas denuncias (totalmente confidenciais se así queredes) a eunonmanipulo@wordpress.com
Moitas grazas unha vez máis.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s