A TVG oculta o negativo e destaca o positivo para o PP

Venres, 2 de agosto: o número de desempregados diminuíu en Galicia en algo máis de 12.000 persoas,  un 4’5 % respecto ao mes anterior.
O Telexornal mediodía da TVG destaca especialmente a noticia, que abre o informativo, aínda que non especifica o dato de que o 94 % dos novos empregos son estacionais; é dicir, só duns poucos días ou semanas pola temporada de verán. Curiosamente, nas declaracións que se emiten da Conselleira de traballo da Xunta, Beatriz Mato (no segundo video), ésta si que di que son bós datos pola época da que se trata. Tampouco se di no Telexornal que estes datos son peores que os de xullo do ano pasado:
Este amplo e positivo tratamento contrasta co que se fixo o pasado 25 de xullo, cando se soubo que, segundo a EPA,  Galicia foi unha das tres comunidades españolas nas que medrou o desemprego no pasado trimestre.
O Telexornal Mediodía dese día dedicoulle oito segundos !!! ao dato de Galicia,  que nin sequera se mencionou na presentación do video.
Pero foi peor no Telexornal Serán do mesmo día, que, simplemente, non ofreceu a información.
É  a eterna dobre vara de medir dos responsables de informativos da TVG: minutos e minutos “en positivo” cando algunha noticia favorece ao PP, e ocultación e ninguneo cando lle “veñen mal dadas” ao Partido Popular.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s