9 setembro. Mentres se presentaba a candidatura de Madrid para o Xogos Olímpicos do 2020 varios medios dan conta do custo que supón que a capital do estado se postulara como sede olímpica. Hai disparidade nas cifras e algúns chegan a falar de 9.800 millóns de euros, nos tres intentos frustrados da capital do Estado.
http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2013/09/130905_olimpiadas_madrid_costo_yv.shtml
http://www.eldiario.es/sociedad/Madrid2020-gasto-millones_0_171133370.html
http://www.lne.es/deportes/2013/09/07/estambul-ofrece-puente-culturas-juegos/1466031.html
E tamén se debulla os sectores que sairán beneficiados, o que máis, a construcción:
http://www.expansion.com/2013/09/05/economia/1378376845.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/09/05/madrid/1378391591.html
Despois veu o fracaso, unha vez máis, e na Galega non se fai referencia algunha a inxente cantidade de cartos que se gastou neste empeño de acollelos Xogos. Sí se fala dos beneficios que podería traer, sempre en datos positivos, a creación de emprego, dinamización econímica,…
Pero resulta que por terceira vez non vai traer beneficio ningún e sí un monte de gastos. Terá algo que ver que sexán os políticos do PP os encargados de liderar esta túzara cruzada?