3 de setembro 2013. A última hora da tarde sábese que o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 de Madrid suspendeu de forma preventiva a externalización da xestión de seis hospitais públicos de Madrid, unha medida que a Comunidade de Madrid prevía executar este mesmo mes dentro do seu plan de aforro sanitario.
Nun auto, recollido por Efe e Europa Press, o xuíz estima a solicitude do sindicato de médicos Afem, que reclamou a paralización da concesión dos hospitais ás empresas Sanitas, Ribeira Saúde e Hima San Pablo, unha decisión que o xulgado toma para protexer “dereitos fundamentais”.
Un atranco máis as políticas de recurtes do PP, que ten na sanidade o punto de mira para favorecer o negocio privado.
As 20.34 xa está nalgúns dixitais de ámbito nacional e pouco a pouco vai aparecendo na maioría.
Na Galega sempre que se trata de reveses a políticas de gobernos do Partido Popular non se emite a información. Veremos se hai tempo nun futuro nos informativos da TVG para adicarlle se segue adiante a privatización da sanidade madrileña.