Fracaso multimillonario

xogos

 

9 setembro. Mentres se presentaba a candidatura de Madrid para o Xogos Olímpicos do 2020 varios medios dan conta do custo que supón que a capital do estado se postulara como sede olímpica.  Hai disparidade nas cifras e algúns chegan a falar de  9.800 millóns de euros, nos tres intentos frustrados da capital do Estado.

http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2013/09/130905_olimpiadas_madrid_costo_yv.shtml

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2013/09/09/cien-millones-euros-vender-sueno-olimpico/0003_201309G9P38992.htm

http://www.elconfidencial.com/economia/2013-09-09/madrid-entierra-8-000-millones-de-euros-en-su-empeno-por-albergar-los-juegos_25668/

http://www.eldiario.es/sociedad/Madrid2020-gasto-millones_0_171133370.html

http://www.lne.es/deportes/2013/09/07/estambul-ofrece-puente-culturas-juegos/1466031.html

http://www.rtve.es/deportes/20130108/madrid-crea-proyecto-compacto-pero-espacioso-dinamizaria-economia/597201.shtml

E tamén se debulla os sectores que sairán beneficiados, o que máis, a construcción:

http://www.expansion.com/2013/09/05/economia/1378376845.html

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/09/05/madrid/1378391591.html

Despois veu o fracaso, unha vez máis, e na Galega non se fai referencia algunha a inxente cantidade de cartos que se gastou neste empeño de acollelos Xogos.  Sí se fala dos beneficios que podería traer, sempre en datos positivos, a creación de emprego, dinamización econímica,…

http://www.crtvg.es/informativos/a-organizacion-das-olimpiadas-en-madrid-crearia-mais-de-80-000-postos-de-traballo-658345

Pero resulta que por terceira vez non vai traer beneficio ningún e sí un monte de gastos. Terá algo que ver que sexán os políticos do PP os encargados de liderar esta túzara cruzada?

Peche de camas no Sergas: segundo a TVG… e a realidade

 

G13P4F1

 

O venres 10 de maio, ábrese o Telexornal serán destacando a porcentaxe de camas que o Sergas vai manter operativas durante o verán nos hospitais públicos galegos…

http://www.crtvg.es/informativos/case-o-90-das-camas-dos-hospitais-publicos-seguen-operativas-no-veran-584047

Isa nova “en positivo”, como se trata na TVG, contrasta coas informacións que ofrecen os xornais máis importantes de Galicia, que suliñan que o peche de camas é o maior dos que se levan feitos nos últimos anos.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/05/10/sergas-cierra-verano-932-camas/00031368201975367729721.htm

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/05/11/sergas-cerrara-verano-930-camas-hospitales-18-ciento-ano-pasado/808167.html

As dúas situacións habituais: a realidade de Galicia… e a visión da realidade dos responsables informativos da TVG, con tal de non perxudicar á Xunta do PP.

A parcialidade no TX serán: arrasa o PP

índice

 

Venres 10 de maio. Telexornal serán. O informativo abre coa nova de que, no verán, case o 90% das camas de hospitais públicos do Sergas estarán operativas…

Logo fálase de varios sucesos, e despois chegan novas de política e sociais: das 12 (DOCE) informacións seguintes… 9 (NOVE) TEÑEN PROTAGONISMO DESTACADO OU ÚNICO DO PP, tanto do goberno central, como da Xunta…

http://www.crtvg.es/informativos/o-goberno-di-que-aprobara-este-mes-a-reforma-educativa-584039

http://www.crtvg.es/informativos/vecinos-de-vilaboa-piden-legalizar-as-suas-casas-logo-de-quedar-fora-da-regularizacion-da-nova-lei-de-costas-584036

http://www.crtvg.es/informativos/juarez-di-que-e-radicalmente-falso-que-a-lei-de-costas-rebaixe-a-proteccion-do-litoral-584035

http://www.crtvg.es/informativos/feijoo-di-que-ence-ainda-non-propuxo-medidas-para-cambiar-de-opinion-584034

http://www.crtvg.es/informativos/visto-e-prace-a-nova-depuradora-de-santiago-na-que-se-investiran-60-millons-de-euros-584033

http://www.crtvg.es/informativos/rajoy-destaca-diante-de-mas-o-valor-do-traballo-en-equipo-584031

http://www.crtvg.es/informativos/o-goberno-tamen-estuda-recorrer-a-comision-creada-para-aplicar-o-dereito-a-decidir-584028

http://www.crtvg.es/informativos/feijoo-cataluna-non-pode-pedir-trato-de-favor-co-deficit-e-non-acatar-as-sentenzas-do-tc-584027

http://www.crtvg.es/informativos/arantza-quiroga-sera-a-nova-presidenta-dos-pp-de-euskadi-584026

A isto chámaselle “ecuanimidade” e “equilibrio” informativos… “Menos mal” que se da a noticia (MENOS DE 30 SEGUNDOS) de que -segundo “El Pais”- Aznar cobrou sobresoldos sendo xa presidente do Goberno… CANDO XA VAN 23 MINUTOS DE TELEXORNAL !!!!!.

http://www.crtvg.es/informativos/el-pais-di-que-aznar-cobrou-sobresoldos-cando-xa-era-presidente-e-el-negao-584023