18 de maio. A Fiscalía aprecia indicios da comisión dun delito de negociacións prohibidas a funcionarios por parte do xuíz Salvador Alba na conversa que mantivo co empresario Miguel Ángel Ramírez. Unha conversa que versou sobre as súas relacións comerciais do empresario coa parella da maxistrada Vitoria Rosell, ex deputada de Podemos.
A Fiscalía solicita ao Xulgado de Instrución número 8 de Las Palmas de Gran Canaria que traslade ao Tribunal Superior de Xustiza de Canarias as dilixencias abertas despois de que Miguel Ángel Ramírez achegase unha gravación da conversa co maxistrado Alba, segundo informou hoxe a Fiscalía das Palmas nun comunicado. Supostamente nesa grabación escóitase como Alba nesa xuntanza “fabrica” probas para inculpar a Rosell, daquela deputada de Podemos.
http://www.elmundo.es/espana/2016/05/18/573c7b9ae2704e4c108b4585.html
http://politica.elpais.com/politica/2016/05/18/actualidad/1463587873_368402.html
Esta é toda a información que se da na Galega.
E agora vemos só algunhas das informacións que se deron despois de que o Tribunal Supremo admitira a trámite a denuncia de José Manuel Soria contra Rosell o pasado 26 de abril na que se acusaba á xuíza en excedencia de prevaricación, suborno e atraso malicioso na Administración de Xustiza.
http://www.crtvg.es/informativos/rosell-renuncia-a-deputacion-permanente-e-deixa-de-estar-aforada
http://www.crtvg.es/informativos/cruce-de-querelas-entre-os-xuices-canarios-rosell-e-alba
Non fai falla nin contar canto tempo dedica a Galega a información negativa sobre a deputada de Podemos e ao xuíz Alba. A diferenza salta á vista.