20 de xuño. Dez millóns para unha empresa de Púnica por un torneo de golf en Castelló.
Arquivo por meses: Xuño 2016
Carrexar, carrexarei…….
Venezuela mala, mala, mala…… e Podemos, peor
17 de xuño. Hai que ver o que está pasando en Venezuela. E é que na TVG se lle presta moita atención….
++++
Non hai máis que botarlle unha ollada a cantidade de informacións que se emiten. E moitos poderían pensar que é certo que ten a súa importancia porque hai unha boa parte de galegos emigrados alá, ademais da actualidade, que tamén ao parecer é algo que hai que ter en conta á hora de facer noticias. Pero imos ver unha pequena comparativa, porque galegos hainos en todos os países, polo menos de América do Sur. Un exemplo de cantas veces se falou de varios países.
Venezuela Cuba México Arxentina
2016 815 255 153 426
2015 1.011 410 388 776
2014 547 547 425 708
Cunha simple división vemos que no que vai de ano emitíronse case máis informacións que en todo o 2015, ano no que se falou de media case tres veces diarias de Venezuela (é cuestión de facer unha simple división). Nos primeiros 173 días do 2016 emítironse, de media, case 5 informacións diarias relacionadas cá país gobernado por Maduro. Mäis que de Arxentina en todo o ano pasado.
Poderíamos pensar que é por iso de ser unha ditadura comunista….. Vemos cantas veces se fala de Kim Jong-Un, o presidente da República Popular Democrática de Corea ou do seu país.
Kim Jong-un Corea
2016 42 127
2015 42 192
2014 43 241
E para mostra un botón. O venres 17 de xuño este é o tratamento que se lle dá á información sobre a investigación que fai a Asemblea Nacional do cobro dunha fundación por parte de dirixentes de Podemos, uns cartos que supostamente pagara o goberno de Chávez.
Unha investigación política aberta dende o parlamento venezolano de maioría conservadora. A información publícaa o xornal El País. Nela falan con Freddy Guevara o deputado que preside a comisión de investigación.
http://politica.elpais.com/politica/2016/06/16/actualidad/1466113124_463561.html
Unha información que non ten desperdicio. Só hai que ler e comparar…..
E malia que ese día unha información importante é que Nicolás Maduro acusa a dereita venezolana de buscar financiamento en grupos de presión en Madrid para desestabilizar o país e provocar unha intervención militar internacional, diso apenas se menciona nada….. En fin Venezuela mala, mala, mala…. e Podemos, peor….
O persoal maniféstase contra a censura
23 de xuño. Non é o habitual, pero desta volta a noticia está na redacción da CRTVG. As compañeiras e compañeiros apoiados polo Comité Intercentros protestaron contra a manipulación que se fixo na cobertura das grabacións no Ministerio do Interior.
Brutal censura no escándalo de Fernández Díaz
22 de xuño. O ministro de Interior en funcións, Jorge Fernández Díaz, reuniuse co xefe da Oficina Antifrau de Catalunya, Daniel de Alfonso, para tratar de implicar nalgún escándalo a dirixentes
A mini-corrupción do PP
7 de xuño. A Fiscalía Anticorrupción ACUSOU AO PARTIDO POPULAR de ser partícipe a título lucrativo na peza da trama Gürtel no concello de Boadilla del Monte (Madrid).
Desquilibrio interesado
23 de maio. Coñecese que Mariano Rajoy comprometeuse por carta ante a Comisión Europea a facer novos recurtes para cumprir co obxectivo de déficit se goberna.
Multa negra
23 de maio. O PP ten que pagar 1,2 millóns en 10 días ou será embargado pola súa caixa B. O xuíz da Audiencia Nacional José de la Mata comunicoulle ao Partido Popular que ten que facer este pago como fianza por ser presunto responsable civil subsidiario polo diñeiro negro que presuntamente manexaba o partido.
Busca, compara e se o atopas…. compárteo
19 de maio. O informativo do mediodía segue esta orde despois dos titulares:
1- Exipto: avión desaparecido
2- Venezuela: Maduro recibe a Zapatero e Torrijos
3- Venezuela: Cabello pide que Rivera non entre no país
4- Venezuela: Margallo di que España non conspira contra Maduro
5- Venezuela: Pepe Mújica di que Maduro está como unha cabra
6- Venezuela: os galegos emigrados quéixanse da falla de comida
Debe estar conectado para enviar un comentario.