19 de maio. O informativo do mediodía segue esta orde despois dos titulares:
1- Exipto: avión desaparecido
2- Venezuela: Maduro recibe a Zapatero e Torrijos
3- Venezuela: Cabello pide que Rivera non entre no país
4- Venezuela: Margallo di que España non conspira contra Maduro
5- Venezuela: Pepe Mújica di que Maduro está como unha cabra
6- Venezuela: os galegos emigrados quéixanse da falla de comida
7- Francia: protestas contra a reforma laboral do goberno socialista
8- PSOE: creará un novo imposto para financiar pensións
9- Podemos: o PP recorre ao medo porque non ten proxecto político
10- PP: Rajoy critica os gobernos de confluencias aos que chama extremistas
11- PP:R ajoy critica a presidenta do Parlamento catalán por recibir a Arnaldo Otegi
E o da tarde insiste:
1- Exipto: avión desaparecido
2- Venezuela: xuntanzas de Zapatero
3- Venezuela: Margallo di que España non conspira contra Maduro
4- Venezuela: os galegos emigrados quéixanse da falla de comida
5- Francia: protestas contra a reforma laboral do goberno socialista
6- PSOE: creará un novo imposto para financiar pensións
7- PP: Rajoy critica os gobernos de confluencias aos que chama extremistas
8- Cataluña: investigación a Francesc Homs, o ex-conselleiro da Presidencia por prevaricación, desobediencia e malversación.
9- Cataluña: a Delgación do Goberno en Madrid prohibe a estelada no partido de Copa do Rei.
10- Galicia: o delegadodo Goberno en Galicia non restrinxe bandeiras no partido Galicia-Venezuela
11- Galicia: a Xunta destina 60 millóns do superávit a sanidade, vivenda e servizos sociais
Esto pasa o mesmo día en que tamén son noticia:
1- España: A débeda pública española supera por primeira vez nun século o 100% do PIB
2- Operación Púnica: Marjaliza preparaba sobres con 30 mil euros en billetes antes de reunirse con Francisco Granados.
3- Podemos: Atribúen ao xuíz Alba posibles delitos de prevaricación e negociación prohibida por “fabricar probas” contra unha ex deputada de Podemos.
4- Operación Taula: O Supremo non se pronunciará sobre Rita Barberá ata despois de eleccións.
5- Caso Noos: O secretario xeral de Manos Limpias, Miguel Bernad, asegura que o presidente da Caixa, Isidro Fainé, solicitoulle que “dulcificara ou temperase” a acusación contra a infanta Cristina.
6- Trama Gürtell: os terreos de Gürtel en Boadilla acaban en mans dun exasesor de UPyD no Congreso.
7- Galicia: Un xuíz ve “responsabilidade penal” na Xunta por falta de atención a persoas sen fogar.
8- Operación Pokemon: De Lara amplía a investigación de empresas relacionadas co ex xefe de gabinete do popular Conde Roa.
9- Accidente Alvia: Bruxelas non revela o informe sobre a investigación do Alvia por presións do Goberno español.
10- Memoria histórica: Un concelliro do PP en Vigo atribúe a Guerra Civil á “confrontación social” e non ao golpe de Estado de Franco. 11- España: Martínez Pujalte facturou cobros das consultoras de Gómez da Serna e De Arístegui como traballos persoais a través da súa sociedade.
12- Operación Púnica: Granados pide saír de prisión porque “é pouco probable que volva ocupar un cargo público”.
13- Igualdade: As palabras do bispo Cañizares poden “incitar ao odio, a discriminación e a violencia” ao atacar ao “imperio gai”.
14- Aguirre: Gas Natural reclama pola vía xudicial a Cifuentes os 5.000 euros sen pagar do recibo da luz de Aguirre.
15- Sergas: Os tribunais obrigan ao Sergas para pagar 9 millóns por atrasos no pagamento de facturas.
16- Galicia: 36.000 toneladas de pneumáticos esperan a ser recicladas en Galicia.
17- 26J: Traballadores do INE acusan o seu presidente de poñer en risco o voto por correo por un conflito laboral
18- España: Ameazan de morte aos mozos detidos por enaltecemento do terrorismo unha representación de monicreques en Madrid.
Agora busca esta informacións nos informativos dese día a ver onde están….. Boa sorte…. Algún hai….