Unha visión interesada da política municipal galega

07 - Bernardo Moar Miguez

O concelleiro de Ames, Benardo Moar, do Partido Popular, presentou a súa demisión despois de dar positivo nun control de alcolemia.

Coa súa renuncia, e ata a chegada do seu substituto, o goberno de Ames queda respaldado por só dous concelleiros. Os xornais galegos recolleron o incidente e a grave situación na que queda o concello. Algúns mesmo na súa portada.

http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/bernardo-moar-deja-su-acta-edil-concello-ames/idEdicion-2015-03-04/idNoticia-919349/

http://www.farodevigo.es/galicia/2015/03/04/edil-pp-ames-renuncia-acta/1195094.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2015/03/03/bernardo-moar-edil-pp-ames-renuncia-acta-concejal-tras-dar-positivo-control-alcoholemia/00031425397432974181484.htm

A Televisión de Galicia non informou en ningún dos principais telexornais e relegou a nova a unha reseña no Bos Días do día seguinte:

http://www.crtvg.es/informativos/dimite-bernardo-moar-concelleiro-de-ames-1032484

E iso foi todo. Nada que ver, por exemplo, coa última demisión dun concelleiro socialista, de Boqueixón, que si foi nos principais telexornais  con declaracións do secretario xeral do PSdeG.

http://www.crtvg.es/informativos/besteiro-quitalle-importancia-a-dimision-dun-edil-en-boqueixon-992909

Por certo, Xosé Ramón Gómez Besteiro leva case unha semana sen saír nos Telexornais. Este mércores, tampouco, E iso que falou de varios asuntos de actualidade: a devolución de parte da paga extra aos funcionarios, a xestión da conselleira de Sanidade e o trato que recibiu Vigo no plan de transporte metropolitano.

Iso sí, a candidata do Partido Popular ao concello de Vigo, Helena Muñoz, tivo os seus segundos de gloria para valorar a decisión do concello vigués. O BNG, o outro partido con representación do concello, non apareceu.

A TVG e a súa sesgada visión da política municipal.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s