O que fora presidente da Deputación de Castellón e presidente do PP nesa provincia durante vintedous anos ingresou este luns no cárcere.
Nove anos de procesos xudiciais remataban cunha condena a catro anos de prisión por fraude fiscal a quen foi un dos homes máis poderosos da política valenciana nas dúas últimas décadas e un dos políticos máis controvertidos de España. A noticia merece trinta segundos de información no telexornal serán de este luns, e nada máis.
http://www.crtvg.es/informativos/carlos-fabra-ingresa-na-prision-madrilena-de-aranjuez-943056
A cantidade e calidade da información sobre esta noticia contrasta co inusitado interese que xerou entre os directores dos informativos de TVG o ingreso en prisión da cantante Isabel Pantoja, condenada por branqueo de cartos a raíz da súa implicación no Caso Malaya por corrupción no concello de Marbella.
http://www.crtvg.es/informativos/famosos-con-problemas-coa-xustiza-935598
A véspera da súa entrada no cárcere xa se fixeron amplas informacións nos telexornais.
Incluso chegou a ser noticia no Telexornal Galicia Noticias, algo insólito ata o de agora.
http://www.crtvg.es/informativos/a-xente-opina-do-ingreso-da-pantoja-en-prision-935003
Ninguén pon en dúbida que Isabel Pantoja é unha persoa moi coñecida, que ocupa horas de contidos nos programas do corazón e que o Caso Malaya foi o primeiro grande caso de corrupción destapado en España. Pero Carlos Fabra e as súas tropelías como servidor público tampouco son cousa miúda. Seguro que nunha enquisa de rúa entre os galegos todos recordarían ao home que creou o primeiro aeroporto sen avións, “un aeroporto para as persoas”. Pero xa se sabe, para os telexornais, Galicia queda moito máis preto de Andalucía ca de Valencia e onde estea a Feira de Abril que se saquen de diante as Fallas.