Os datos do paro en Galicia e España… “adepende”

              O martes 2 de decembro, coñécense os datos do paro correspondentes ao mes de novembro. Neles sobresae o balanzo negativo de Galicia, onde aumentou o número de desempregados en case 4.600 persoas.

              Moi mal dato, comparado co conxunto de España, onde o paro descendeu en preto de 15.000 persoas.
Galicia é a segunda peor comunidade autónoma, só por detrás de Baleares.


Así o destacan numerosos medios de comunicación:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/12/02/galicia/1417527265_089067.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2014/12/02/galicia-cierra-noviembre-4588-desempleados-pese-paro-baja-espana/00031417506599822250915.html
http://www.farodevigo.es/economia/2014/12/02/paro-vuelve-crecer-galicia-tercer/1142641.html
http://www.radiocoruna.com/articulo/radio-coruna-cadena-ser/provincia-coruna-lidera-subida-paro-galicia/20141202131509022461.html
http://www.20minutos.es/noticia/2313067/0/paro-sube-galicia-4-588-personas-noviembre-segundo-mayor-aumento-estado/
http://www.laregion.es/articulo/galicia/galicia-av-paro-sube-galicia-4-588-personas-noviembre-segundo-mayor-aumento-estado/20141202102318507765.html
http://www.galiciadigital.com/noticia.8800.php
Pero a TVG volve dar una mostra máis de interpretación interesada dos datos do paro. No espazo “Bós días”, nada máis coñecerse a noticia, apenas hai uns segundos para as malas cifras de Galicia, e o rótulo sobreimpresionado só se refire a España:
http://www.crtvg.es/informativos/o-paro-baixou-en-novembro-en-14-688-persoas-o-mellor-dato-dende-1996-943185
Os titulares, tanto ás 9’30 h. como ás 10 h., non comentan nada sobre os negativos datos de Galicia:
http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-9-30-h-943186
http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-10-00h-943161
No Telexornal mediodía, os titulares só destacan no rótulo sobreimpresionado os datos do conxunto de España:
http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-14-25-h-943522
A noticia que se emite xa ampliada dentro do Telexornal, comeza destacando especialmente as cifras de España, e deixa para o final a Galicia. E outro “pequeno detalle”: só se ofrecen declaracións da Ministra de Traballo, Fátima Báñez, e da directora xeral de Formación e Colocación da Xunta, Ana Díaz… ámbalas en positivo, claro está. Ningunha opinión crítica de xente parada, de sindicatos ou de partidos da oposición:

http://www.crtvg.es/informativos/o-paro-baixou-no-conxunto-de-espana-en-14-600-persoas-en-novembro-e-en-galicia-subiu-en-4-500-943521

O Telexornal serán ofrece exactamente a mesma información que o do mediodía. Seguen sen aparecer as opinión negativas ou críticas coa xestión e as políticas da Xunta en materia de emprego:
http://www.crtvg.es/informativos/o-paro-baixou-no-conxunto-de-espana-en-14-600-persoas-en-novembro-e-en-galicia-subiu-en-4-500-943683

                   Por suposto, os informativos da TVG tampouco sinalan o dato de que é o terceiro mes consecutivo no que medra o paro en Galicia… que no noso país hai máis mulleres ca homes sen traballo… e que o desemprego aumenta en todos os sectores, sobre todo en servizos e construción.
Curiosamente, este 2 de decembro, o programa “A Revista” dalle una lección de exemplaridade e criterio informativo aos Telexornais, resaltando ao comezo da noticia os datos de Galicia, mesmo no rótulo, e despois os de España:
http://www.crtvg.es/informativos/o-paro-sobe-en-galicia-no-mes-de-novembro-943302
Para os inxenuos/as que igual consideran que é só simple criterio informativo dos responsables da TVG dar primeiro os datos do paro no conxunto de España… sacámolos rápidamente de dúbidas.
2 de setembro deste mesmo ano; os datos de agosto ofrecen un descenso nas cifras de desempregados/as en Galicia. Aos Telexornais dese día fáltalles tempo e espazo para subliñar en titulares e noticias ese feito positivo para a comunidade galega, relegando as cifras de España a un segundo plano:
Titulares e información no Telexornal mediodía:
http://www.crtvg.es/informativos/sumario-882196
http://www.crtvg.es/informativos/o-paro-baixa-en-galicia-en-agosto-pero-sobe-no-conxunto-de-espana-882193
E no Telexornal serán (observen e escoiten que volve falar a representante da Xunta, Ana Díaz):
http://www.crtvg.es/informativos/galicia-lidera-a-caida-do-paro-en-agosto-882645
Se queren asistir a un curso acelerado de interpretación interesada de datos do paro por parte da TVG, estean atentos a principios de cada mes. Como diría o outro, a noticia darase “a depende”.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s