O venres 5 de decembro, uns 2.000 emigrantes galegos retornados do estranxeiro maniféstanse polas rúas de Ourense contra o Ministerio de Facenda e contra a Xunta de Galicia e o seu presidente Alberto Núñez Feijoo.
Protestan para reclamarlle a Facenda que lles retire as multas por non ter cotizado en España polas pensións que lles foron concedidas nos países onde traballaron.
Un voceiro deles acudíu ao Pleno do concello, para expoñer as súas reivindicacións e solicitar o respaldo dos grupos municipais, e votouse unha proposta que contou co apoio do BNG (impulsor da mesma), do PS de G-PSOE e mesmo do PP. Abstívose o grupo de Democracia ourensana.
Así reflicten a noticia numerosos medios de comunicación:
Pero os informativos da TVG non dan absolutamente nada da manifestación nin da comparecencia no Pleno municipal do voceiro dos afectados, a pesar de que había un equipo gravando imaxes.
De feito, ben que se informou no Telexornal mediodía das acusacións entre o PP e o BNG no mesmo Pleno:
http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-acusa-a-unha-edil-do-bng-de-apoiar-a-terroristas-946785
Lamentable: nada sobre a multitudinaria manifestación en Ourense por un problema que afecta a unhas 250.000 persoas galegas emigrantes retornadas.
E iso que o propio PP no concello de Ourense votou a favor de apoiar as súas reivindicacións… igual os responsables de informativos da TVG queren resgardar a unidade e coherencia ?? do Partido Popular.