Silencio sobre o bispo homófobo

 

jesus-catala-obispo-malaga--644x362

          O venres 11 de abril, o bispo de Málaga, Jesús Catalá, volve provocar a polémica cunhas declaracións sobre o matrimonio homosexual durante un encontro con estudantes de ESO e bacharelato de centros relixiosos.

          Catalá comparou esa unión homosexual coa dun home e un can, ou a dun bebé cun ancián… e afirmou que a lexislación española é a pior do mundo neste senso.

          As afirmacións do bispo malagueño tiveron de inmediato unha amplísima repercusión mediática e nas redes sociais, e mesmo membros do clero admitiron que as verbas de Catalá foron moi fortes e desagradables para a comunidade homosexual, máxime cando moitos deles mesmo son católicos.

           A xerarquía eclesiástica malagueña xa se víu envolta recentemente noutro asunto homófobo similar, cando o Cardeal Fernando Sebastián asegurou que a homosexualidade é unha deficiencia que se pode curar…

            Así resaltaron a información das declaracións do bispo de Málaga os medios de comunicación:

 

http://www.canalsur.es/noticias/andalucia/indignacion-por-las-palabras-del-obispo-de-malaga-sobre-la-homosexualidad-y-la-adopcion/394410.html

 

http://www.lavanguardia.com/local/sevilla/20140411/54405721781/obispo-malaga-matrimonio-homexual-hombre-perro.html

 

http://www.publico.es/actualidad/513962/el-obispo-de-malaga-compara-el-matrimonio-homosexual-con-la-union-entre-un-bebe-y-un-anciano

 

http://www.elplural.com/2014/04/11/arco-iris-califica-de-fundamentalistas-las-declaraciones-del-obispo-de-malaga/

 

http://www.laopiniondemalaga.es/malaga/2014/04/11/obispo-reincide-enciende-redes-sociales/668666.html

 

Os informativos da TVG deste venres 11 non dan nin a máis mínima noticia sobre o asunto, como xa ten sucedido en casos similares. Parece que hai unha clara intención de silenciar estas desafortunadas intervencións de membros do clero, a pesar do evidente interés informativo que teñen.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s