Xoves 10 de abril. O Telexornal mediodía destaca unha noticia publicada por “El Mundo” de que a empresa tecnolóxica Indra blindou ao fillo de Felipe González coa cantidade de 375.000 euros.
A información, da que non se fai eco ningún outro medio de comunicación de certa solvencia, di que Pablo González Romero carece de preparación tecnolóxica algunha porque é fotógrafo de profesión…
http://www.elmundo.es/espana/2014/04/10/5345d47b268e3eac128b4583.html
Así emite a noticia a TVG no Telexornal mediodía:
http://www.crtvg.es/informativos/el-mundo-di-que-indra-blindou-ao-fillo-de-felipe-gonzalez-793213 /
É dificilmente comprensible a emisión dunha información que non supón delito ou irregularidade por parte dos seus protagonistas, pero máis aínda ao comprobar que os Telexornais da TVG non dan absolutamente nada dunha das noticias máis destacadas da xornada.
Este xoves 10 de abril, coñécese que o Tribunal Supremo oponse ao indulto solicitado polo expresidente de Baleares e ex-ministro, Jaume Matas (PP), que foi condeado a 9 meses de prisión por tráfico de influencias nun dos casos de corrupción polos que foi xulgado.
Tamén a Fiscalía se mostrou contraria ao indulto, destacando o rexeitamento social que provocan os delitos de corrupción política coma o cometido polo ex-dirixente do Partido popular.
A práctica totalidade de medios españois importantes resaltan a información:
http://www.elmundo.es/baleares/2014/04/10/5346975de2704e49548b4581.html
Un tratamento moi destacado en prensa, radio e televisión, todo o contrario do caso do fillo de Felipe González, que – salvo en “El Mundo” – pasou case desapercibido.
E compre subliñar tamén que a TVG si emitíu hai uns meses unha nova sobre Jaume Matas, pero non tan negativa coma a deste xoves. Foi no Telexornal serán do 8 de xaneiro pasado, cando se soubo que o ex-dirixente do PP non entraría na cadea mentres se tramitase a súa petición de indulto…