
Os informativos do sábado 12 de abril ocúpanse dos actos preelectorais dos distintos partidos políticos cara ás eleccións europeas do vindeiro 25 de maio. O PP recibe un tratamento moi superior aos demáis grupos.
Tanto o informativo do mediodía coma o da tarde ofrecen case as mesmas noticias sobre o asunto.
No Telexornal serán emítense dúas noticias moi amplas con protagonismo para os conservadores:
Despois ofrécense – cousa rara… – outras dúas informacións sobre os socialistas, tamén relativas ás eleccións europeas e á busca de acordos para potenciar Galicia en Bruxelas:
Logo é o turno – moi breve, a penas uns segundos – para o BNG. O informativo da TVG fala dun acto preelectoral da candidata Ana Miranda en Mondoñedo:
E logo ven o máis sorprendente; o Telexornal serán deste sábado emite unha breve noticia sobre Anova, para dicir que convocaron a asemblea nacional para o vindeiro mes de outubro…
Pero nin a máis mínima alusión ao acto prelectoral de AGE celebrado en Vigo diante dunha nutrida asistencia, e coa participación da candidata ás europeas Lidia Senra, xunto cos líderes da formación, Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz. Xa o venres no Telexornal serán non se deu nada, e tampouco ao longo do sábado. Outros medios si o destacaron:
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2014/04/12/senra-reto-llevar-voz-clases/1004225.HTML
http://www.noticiasvigo.es/seccion/politica/anova-vigo-politica/
Noutras ocasións son outros partidos da oposición os “ninguneados”… este sábado 12 tocoulle a AGE; quizáis o acto preeleitoral máis importante, en Vigo, non tivo nin uns segundos nos informativos da fin de semana da TVG…