A Deputación da Coruña sobe os soldos e Feijóo mira para outro lado

dipu coruña

12 de decembro. El Pais publica que o PP impuxo, grazas á súa maioría absoluta, fortes subas salariais, a creación dunha decena de xefaturas cubertas na súa maioría con funcionarios procedentes da Xunta, e unha reorganización do equipo que fai cachizas as tan reiteradas promesas de adelgazar a Administración e evitar duplicidades que constituían o cabalo de batalla electoral do PP cando chegou en 2011 ao goberno da Deputación coruñesa.

Seguir lendo

A confusión … interesada ?? cos contratos de Pemex

             O mércores 20 de novembro, no Telexornal mediodía xógase cunha especie de “cerimonia da confusión” interesada sobre os posibles contratos da compañía mexicana Pemex para construir floteis en Galicia.

          Seguir lendo

Ignorando o malestar e as protestas contra SOGAMA

                O martes 19 de novembro coñécese a noticia de que preto de cen concellos de Galicia (ningún do PP) preparan unha dura estratexia conxunta para combater o incremento dun 34% decidido pola Xunta no cobro polo tratamento dos residuos na pranta de SOGAMA.

Seguir lendo

E os contratos da Xunta con Dorado que foron destruídos ??

                Martes 19 de novembro. A Xunta recoñece que algúns contratos vencellados con empresas do narcotraficante Marcial Dorado remitidos ao Parlamento, non se adxuntaron á documentación facilitada aos grupos da oposición debido ás INUNDACIÓNS que afectaron ao arquivo de Coia, en Vigo, onde estaban almacenados.

Seguir lendo

Nin MÚ na Galega da desfeita de Alimentos Lácteos

alimentos

 

29 outubro. Alimentos Lácteos funcionou dende o 2010 en situación de insolvencia o administrador concursoa esixe aos xestores 30 millóns pola débeda, as indemnizacións e a deterioración das marcas.

Seguir lendo

Malas novas….. tempo escaso

galego ensino

 

9 de outubro. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso da Xunta en contra da execución forzosa das sentenzas que anulan parte de dous artigos do decreto do plurilingüismo no ensino e que lle daba ao Goberno galego un mes de prazo para o seu cumprimento.

Seguir lendo

Primeiro os datos da Xunta, despois os cidadáns e o Monte Pindo

manifa pindo

6 de outubro. En Santiago centos de persoas maniféstanse convocados pola Asociación Monte Pindo, e apoiada por 80 colectivos máis, para esixir á Xunta medidas de prevención nos montes contra os incendios e reclamar a condición de parque natural para este enclave arrasado polo lume.

Seguir lendo