Servilismo na TVG

Xa falamos días atrás neste blog do tratamento  “tan especial” que se lles da aos concellos de Lugo e Ourense nos telexornais.
Pois ben, por si existía algunha dúbida sobre a falta do mais mínimo rigor profesional, sirva o que ven de exemplo. Seguir lendo

10 segundos do donativo de Crespo ao tesoureiro do PP

1369846163_0

 

O mércores 29 de maio, o ex-secretario de organización do PP de Galicia e un dos cabecillas da “trama Gurtell”, PABLO CRESPO, RECOÑECE NA AUDIENCIA NACIONAL QUE ENTREGOU 21 MILLÓNS DE PESETAS (126.212 €) EN EFECTIVO en maio de 1999 ao que daquela era tesoureiro do PP, Álvaro Lapuerta.

É a constatación da VERACIDADE dun dos apuntes dos chamados “PAPEIS DE BÁRCENAS”, que sempre poñen en dúbida desde o propio PP.

A noticia é amplamente difundida nos xornais españois, e destacada en tóda-las portadas:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/05/29/pablo-crespo-confirma-veracidad-papeles-barcenas/00031369844644823756643.htm

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/29/espana/1369846163.html

http://www.lavanguardia.com/local/galicia/20130529/54374957770/pablo-crespo-entrego-21-millones-de-pesetas-en-efectivo-a-lapuerta-para-devolver-un-prestamo-al-pp-g.html

http://www.abc.es/espana/20130529/abci-crespo-declaracion-donaciones-201305291826.html

E mesmo as televisións danlle bastante tempo en distintos informativos de ámbito nacional:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/td2-barcenas-290513/1844947/

http://www.lasexta.com/noticias/nacional/pablo-crespo-admite-que-pago-millones-pesetas-metalico-alvaro-lapuerta_2013052900267.html

A TVG ofrece unha RESEÑA MÍNIMA no Telexornal serán. A noticia emítese no 24º lugar dese informativo… E ADÍCANSELLE SÓ 10 SEGUNDOS AO APARTADO DE CRESPO (cronometrados). Ademáis, a presentadora fala na presentación do “ex-secretario de organización do PP de G”, así, co G soamente… NADA DE DICIR PARTIDO POPULAR DE GALICIA…

 

 

Non se fai referencia a taxa de alcol do ex voceiro de Aznar

 

grande

 

Esta é a información que se ofrece no Telexornal Mediodía do 20 de maio.

“Miguel Ángel Rodríguez, que fora voceiro do Goberno de José María Aznar, estivo hoxe nos xulgados para responder polos danos que causou en varios vehículos o día tres de maio de madrugada, nun accidente tralo que deu positivo na proba de alcol. Miguel Ángel Rodríguez reiterou á súa saída que lles pediu desculpas aos propietarios dos vehículos afectados e comprometeuse a levar, en diante, unha conduta exemplar. O xuízo rápido dáse por rematado pero aínda non hai sentenza.”

Con un rótulo que decía Xuizo rápido polo accidente do 3 de maio. Pola tarde xa no se informou disto.

 

Outros medios ofrécena así:

http://www.abc.es/espana/20130520/abci-miguel-angel-rodriguez-comparece-201305201100.html

http://www.lavanguardia.com/politica/20130520/54374236958/miguel-angel-rodriguez-perdon-niega-cuadruplicara-tasa-alcohol.html

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/20/madrid/1369034894.html

http://www.europapress.es/chance/gente/noticia-miguel-angel-rodriguez-haber-cuadruplicado-tasa-alcohol-solo-roce-coches-20130520125705.html

Rebaixa da fianza no caso Campeón

índice

Luns 13 de maio. O maxistrado do Tribunal Supremo José Ramón Soriano, que instrúe a presunta implicación do exministro socialista José Blanco na trama de concesión fraudulenta de axudas públicas desarticulada na “Operación Campión”, aceptou reducir en 2.000 euros -ata un total de 4.000 – a fianza inicialmente imposta á Asociación Transparencia e Xustiza para ser parte acusadora neste procedemento. Despois do amplo seguemento que se fixo do caso a Galega non ten en conta esta nova.

http://www.europapress.es/nacional/noticia-rebajan-fianza-impuesta-asociacion-transparencia-justicia-ser-parte-contra-blanco-ts-20130513122640.html

http://www.abc.es/espana/20130513/abci-fianza-campeon-201305131234.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/05/14/rebajada-fianza-acusacion-particular-contra-blanco-tras-pedir-igual-trato-urdangarin/0003_201305G14P9993.htm

 

http://www.laregion.es/noticia/253876/supremo/reduce/fianza/acusacion/contra/blanco/

 

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2013/05/14/supremo-baja-fianza-personarse-caso-campeon-2000-euros/721801.html

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/03/15/espana/1363349102.html

Imputados por doazóns ilegais ao PP: penoso e lamentable

Pablo_Crespo

O martes 30 de abril coñécese que o xuiz Pablo Ruz IMPUTA a 8 empresarios que, presuntamente, doaron cartos ilegalmente ao PP, e tamén a PABLO CRESPO, coñecido como “nº 2 da trama Gürtel”, que tamén figura como doante nos chamados “papeis Bárcenas”, cando en 1999 era secretario de organización do PP en Galicia.

 

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/30/espana/1367336227.html

 

http://politica.elpais.com/politica/2013/04/30/actualidad/1367335356_489880.html

 

http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/2088903/espana/ruz-cita-como-imputados-a-ocho-empresarios-sup

 

http://www.abc.es/espana/20130430/abci-dirigentes-empresarios-201304301724.html

 

É unha noticia moi destacada, tal e como reflicten nas primeiras páxinas os principais xornais españois.

 

Sen embargo, o Telexornal serán da TVG ofrece a información… NO 17º LUGAR… E 30 SEGUNDOS !!!… e por suposto… SEN DICIR QUE PABLO CRESPO ERA UN ALTO CARGO DO PP de Galicia cando, supostamente, cometeu o delicto.

 

http://www.crtvg.es/informativos/o-xuiz-imputa-oito-empresarios-que-aparecen-como-doantes-do-pp-nos-papeis-de-barcenas-577435

 

Outro penoso e lamentable caso de manipulación informativa e ocultación nun dos casos máis “sangrantes” de corrupción na historia da democracia.

O “pitufeo” da Gürtel

correa

Ruz interroga na mañá do 23 de abril de 2013o un dos home de palla na Gurtel. Antonio Villaverde está imputado polo branqueo de 1,7 millóns dos líderes de Gürtel, Francisco Correa e Pablo Crespo, que fora secretario de organización do PP de Galicia dende 1995 ata 2003.

crespo

Villaverde recoñeceu que sabía que as contas que manexaba dos imputados eran opacas a a Facenda española pero que descoñecía cal era a súa procedencia. Unha información que saca a Axencia EFE as 13.28, e que estaba nas edicións dixitais dos xornais dende primeira hora da mañá.

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/22/espana/1366648303.html

http://www.abc.es/espana/20130423/abci-testaferro-gurtel-201304222155.html

http://politica.elpais.com/politica/2013/04/23/actualidad/1366715844_968613.html

http://www.publico.es/454161/la-trama-gurtel-lavo-1-7-millones-de-euros-por-el-metodo-del-pitufeo

http://www.cadenaser.com/espana/articulo/imputado-gurtel-admite-gestiono-dinero-opaco-correa/csrcsrpor/20130423csrcsrnac_16/Tes

Na TVG non se fixo referencia a esta información

Os paraísos fiscais do histórico do PP Nené Barral

a13c5f1

 

O xulgado de Cambados levantou o segredo de sumario nas investigacións que se seguen contra José Ramón “Nené” Barral, que fora durante moitos anos alcalde de Ribadumia polo PP (ata 2001 “peso pesado” no Partido e coñecido “mentor” do actual presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán), por supostos delictos de blanqueo de diñeiro e desvío de dous millóns de dólares en paraísos fiscais.

          Nené Barral xa fora detido en 2001 acusado de liderar unha banda internacional de contrabando de tabaco, e que lle custou a alcaldía de Ribadumia cando militaba no PP. Aínda está pendente de celebración o xuizo.
          Os informativos da TVG, sempre tan coidadosos con tódolos escándalos e polémicas que xeran membros ou ex-membros do PP, NON OFRECEN ABSOLUTAMENTE NADA SOBRE O ASUNTO…

Dúas horas en 25 segundos

Sanchís

En 25 segundos se despachaba no Telexornal Serán a comparecencia de dúas horas de Ángel Sanchís, ex tesoureiro popular ente 1982 e 1987, diante do xuíz Ruz para explicar a súa relación con Luís Bárcenas. Foi o 10 de abril de 2013.

O tratamento está na liña “doutros medios”, aquí deixamos unha pequena escolma para que comparedes.

http://politica.elpais.com/politica/2013/04/10/actualidad/1365625626_431449.html

http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/1812881/espana/angel-sanchis-niega-ante-el-juez-haber-ayudado#.UWZRnJgpmNM

http://www.abc.es/espana/20130410/abci-sanchis-declaracion-barcenas-201304101916.html

http://www.publico.es/espana/453471/sanchis-dice-que-los-3-millones-de-euros-que-le-dio-barcenas-eran-para-su-boyante-empresa-de-limones

http://www.rtve.es/noticias/20130410/extesorero-del-pp-angel-sanchis-llega-audiencia-declarar-como-imputado-gurtel/636185.shtml

http://www.telecinco.es/informativos/nacional/Ruz-Angel-Sanchis-Barcenas-Suiza_0_1586025025.html