O luns 17 de marzo, a prensa escrita faise eco dunha información protagonizada por Rafael Louzán, presidente do PP e da Deputación Provincial de Pontevedra.
Arquivo por etiquetas: Xulgado
Flores de qué partido é?
24 de xaneiro. O tenente de alcalde e voceiro do Concello da Coruña, Julio Flores do Partido Popular, imputado na rama ‘Pikachu’ da ‘Operación Pokémon’, declara nos xulgados de Lugo durante dúas horas e media.
Sen noticias de Blesa
21 de xaneiro. O expresidente de Caja Madrid Miguel Blesa pediu ao maxistrado da Audiencia Nacional Fernando Andreu que non incorpore á causa que investiga á directiva da entidade polas preferentes os seus correos corporativos difundidos por varios medios e redactados polo propio Blesa cando se encontraba á fronte da entidade.
A reclamación de Alimentos Lácteos leva a dous concelleiros do PP ao xulgado
20 de xaneiro. Celébrase unha vista no xulgado do Mercantil de Lugo despois dunha demanda interposta polo administrador concursal de Alimentos Lácteos, que pide que presidente e secretario devolvan 236.000 euros porque entende que o percibiron como administradores malia que a empresa xerou eses anos perdas e non podían cobrar.
Bárcenas carga contra Cospedal, a Galega ocultao.
5 de novembro. Faise público que o ex tesoureiro do PP Luis Bárcenas transcribiu en follas soltas dun almanaque as anotacións das súas axendas que reflicten as reunións que desembocaron na suposta entrega por parte de Luis del Rivero de 200.000 euros para financiar a campaña electoral de María Dolores de Cospedal nas autonómicas de 2007.
O empresario, tras pactar esa doazón, conseguiu o contrato de xestión de residuos de Toledo para Sufi, propiedade da súa construtora Sacyr.
O alcalde de Barbadás paga 652 MIL euros en efectivo
28 de outubro. José Manuel Freire Couto, alcalde do PP en Barbadás, declara ante a xuíza titular do Xulgado de Instrución número tres de Ourense, que leva a investigación dunha denuncia presentada polo PSOE local, que acusa ao rexedor de varios casos de corrupción urbanística.
Vergoñento silencio sobre as críticas dos xuices santiagueses á voceira do PP
Mércores 16 de outubro. A xunta de xuices de Santiago, UNANIMEMENTE, rexeita as declaracións da voceira municipal María Pardo (PP), que acusou á xuiza Ana López-Suevos de persecución política contra o partido popular por imputar a sete edís por un presunto delito de prevaricación.
Ignorando á oposición sobre os imputados do PP en Santiago
O martes 15 de outubro, o Telexornal mediodía da TVG “informa” sobre o caso dos sete concelleiros do PP de Santiago imputados por un presunto delito de prevaricación, para dar unicamente a versión do alcalde, Ángel Currás .
Lamentable información sobre Conde Roa e Fabra
O mércores 2 de outubro prodúcense dúas novas nos xulgados de gran relevancia social e política con protagonismo para representantes do PP.
Onde estás Conde Roa?
30 outubro. A axencia Europa Press publica as 19:00. O exacalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, atópase á espera de sentenza tras celebrarse o pasado venres na capital galega o seu xuízo por suposto fraude fiscal ao non aboar 291.000 euros do IVE pola venda de 61 vivendas en 2010 que fixo a promotora da que era administrador. Fontes xudiciais confirmaron a Europa Press que a vista se celebrou o pasado venres no Xulgado do Penal Número 1 de Santiago.
Debe estar conectado para enviar un comentario.