O sábado 25 de maio, o Telexornal mediodía informa sobre a tractorada desenvolvida en Xinzo contra a instalación da mina de feldespatos na Limia.
O proxecto da mencionada mina é unha seria ameaza para labregos e gandeiros da zona porque destruiría enormes extensións productivas. A cambio, coa mina (aparte dos danos ecolóxicos e medioambientais) só se crearían 10 postos de traballo.
Entre os veciños da bisbarra hai un enorme descontento co alcalde Antonio Pérez (PP) e coa Xunta porque non rexeitan con feitos o proxecto.
A noticia no TX do sábado é a seguinte:
Non se dan as opinións críticas contra o Alcalde de Xinzo nin contra a Xunta, NIN SE DI ABSOLUTAMENTE NADA DE QUE OS ÚNICOS REPRESENTANTES POLÍTICOS AUSENTES DA MANIFESTACIÓN-TRACTORADA FORON OS DO PP.
E iso que, uns días antes o Conselleiro de Medio ambiente da Xunta, Agustín Hernández, asegurou que a explotación mineira é INVIABLE:
Resumo: o Tx mediodía da fin de semana da a nova SEN INCIDIR NAS RESPONSABILIDADES DOS GOBERNOS DO PP (na Xunta e no concello de Xinzo) NIN NAS CRÍTICAS POR PARTE DOS VECIÑOS E CONVOCANTES DA TRACTORADA.
Debe estar conectado para enviar un comentario.