Apenas uns segundos para o novo voceiro socialista

images

O martes 8 de outubro, o PS de G-PSOE designa como voceiro parlamentario a José Luis Méndez Romeu, o máis veterano dos deputados socialistas, cunha ampla traxeutoria política.

É a primeira decisión importante do novo líder dos socialistas galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro e a súa executiva recentemente elexida.

Todos os xornais de Galicia e moitos do resto de España destacan rapidamente a noticia, que se produce pola tarde:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/10/08/besteiro-designa-mendez-romeu-portavoz-psdeg/0003_20131020131008190701732.htm

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/10/08/mendez-romeu-nuevo-portavoz-socialistas/892155.html

http://www.abc.es/local-galicia/20131008/abci-besteiro-nuevo-portavoz-ejecutiva-201310081223.html

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/mendez-romeu-sustituira-abel-losada-portavoz-parlamentario/idEdicion-2013-10-08/idNoticia-830852/

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/10/07/galicia/1381174957_273732.html

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2013/10/08/mendez-compromete-esfuerzo-explicar-incongruencias/770213.html

Pero a TVG reduce á mínima expresión isa relevante información do principal partido da oposición en Galicia, e dun cargo que vai ter unha gran importancia no debate político e parlamentario, comezando polo do estado da Autonomía a vindeira semana.

O Telexornal serán nin sequera menciona a noticia nos titulares -que duran case cinco minutos-:

http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-20-30h-676360

E dentro do informativo, despachan a noticia en a penas vinte (20) segundos, sen ningún tipo de análise sobre a importancia e repercusión da mesma… cando xa van cincuenta (50) minutos de Telexornal:

http://www.crtvg.es/informativos/a-executiva-do-psdeg-elixe-a-mendez-romeu-como-voceiro-parlamentario-676325

Outra vez a famosa e xa comentada dobre vara de medir dos responsables de informativos…

Barra libre para o PP

índice

 

Luns, 20 de maio: o voceiro do BNG, Xavier Vence, comparece en rolda de prensa para expresar as súas críticas sobre a eventual redución de partidos xudiciais (un asunto que está a causar unha gran polémica en Vigo, balbordo silenciado pola TVG). Na rolda de prensa, Vence fala tamén da “volta ás catacumbas” que, ao seu entender, supón a chamada lei Wert, dos contactos con Anova e da redución de deputados no Parlamento de Galicia. Pero nos Telexornais só se ofrece a súa declaración sobre os partidos xudiciais (á reforma electoral só hai unha mención dos presentadores).

http://www.crtvg.es/informativos/o-bng-oporase-en-madrid-e-galicia-se-o-ministerio-opta-por-reducir-os-partidos-xudiciais-a-un-por-provincia-589479

Tamén houbo rolda de prensa do PP. O seu voceiro, Pedro Puy, falou de varios asuntos de actualidade (a LOMCE e a redución de deputados). Neste caso si se ofreceron as súas declaracións sobre estes dous asuntos.

http://www.crtvg.es/informativos/o-ppdeg-respecta-o-posible-recurso-pero-di-que-a-lomce-non-afecta-o-modelo-lingueistico-de-galicia-589481

http://www.crtvg.es/informativos/o-grupo-popular-agarda-pola-resposta-da-oposicion-a-oferta-de-dialogo-sobre-a-reducion-de-deputados-589480

Disensión no PP pola lei do aborto

índice

 

O voceiro adxunto do Grupo Popular no Congreso Rafael Hernando cuestionou a reforma da Lei do Aborto impulsada polo ministro de Xustiza, Alberto Rúiz-Gallardón. Nos Telexornais non se comentou nada. Si, en cambio, noutros medios.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/05/07/portavoz-pp-congreso-rechaza-reforma-aborto-gallardon/0003_201305G7P24992.htm

http://politica.elpais.com/politica/2013/05/06/actualidad/1367866667_964656.html